Sábado, 25 de Novembro de 2006

Axe e os cuartos de dólar

As campañas publicitarias tradicionais comezan a inspirarse nos vídeos caseiros que hai na Rede, e así, Axe ten unha campaña na que se ve a un mozo xogando a facer lanzamentos con moedas dun cuarto de dólar, co especial atractivo de que emprega á súa moza para as súas fazañas (aínda que a auténtica fazaña é que semellante friki teña moza):

Venres, 24 de Novembro de 2006

A listaxe de descargas de Firefox

Caché de descargas de FirefoxNa Abadía Digital vexo un vídeo do que non dou creto: un fulano está amosando cómo se descargan uns ficheiros e cando se ve a caché de descargas do seu navegador (o Mozilla Firefox) atopamos que entre as súas últimas descargas hai un ficheiro chamado teen - blowjob - fuck - 03.wmv, que como todo o mundo sabe, é o trailer da versión do director da última película premiada no Festival de Sundance, e non ten nada que ver cun vídeo pornográfico que puidera descargar o protagonista do vídeo.
O vídeo enteiro non é moi aclaratorio (non entendo papa do que din) pero resulta curioso ver a metedura de gamba de Steve Snedker, que supoño que será un dos principais defensores do lema “The Internet is for porn“:
Iso si, agora teño a dúbida de se na montaxe do vídeo se percataron do asunto e o meteron en plan coña, ou se foi a posteriori cando se decataron da referencia pornográfica no navegador. Xa adianto que se alguén busca por tal vídeo na Rede o que atopará serán referencias á cagada de Snedker e non o vídeo que el descargou :P

Chega o Supermonxe

AniBOOM é unha nova web de animación que está a achegar moitos contidos de calidade en boa medida por mor dun concurso no que reparte 50.000 dólares en premios (25.000 para o primeiro posto, e 5.000 dólares para os 5 seguintes clasificados).
A verdade é que os vídeos teñen un nivelazo indubidable, e como mostra, déixovos co expectacular vídeo do Supermonxe:

Xoves, 23 de Novembro de 2006

Be Montero, my friend

O éxito do vídeo de Bruce Lee soltando o “Be water my friend” provocou moitísimas parodias en YouTube, pero agora os de Mitsubishi tamén se suben ó carro recuperando ó típico paisano que se preguntaba o que pensaría Franco do que pasa no mundo actualmente:
E si, no novo Mitsubishi Montero é o coche que fóra de España chaman Mitsubishi Pajero (aínda que agora se lle chame Montero en máis países, no que supoño que é a globalización do español).

¿Queres un portátil novo?

Leah CulverHai cousas que se non se ven non se cren, como é o caso de Leah Culver, unha moza de San Francisco que para moitos resulta abraiante porque é guapa e friki (é programadora informática), e que cando quixo xubilar o seu iMac cun procesador G3 (ou sexa, un equipo de hai uns 6 anos que xa estaba a pedir papas) e non se lle ocorreu outra cousa que ofrecer a carcasa do seu futuro equipo coma soporte publicitario.
E como dúas tetas tiran máis que dúas carretas (e admitamos que a rapariga está moi metida no mundiño da Web 2.0 e os eventos presenciais asociados) xa ten este MacBook Pro:
O novo MacBook Pro de Leah Culver
A verdade é que non quedou nada mal, e incluso publicaron na web o vídeo coa creación deste orixinal equipo:

Por certo, o ordenador é un pedazo monstro a 2,33 GHz, con 3 Gb de RAM e 200 Gb de disco duro, que custa máis de 2.500 euros (de feito, custa 3.189 euros se non inclúe accesorios ou software adicionais). ¿Cambiará de sexo Bertiño para facerse cun portátil novo? ¿Ou o maqueirismo non dará para tanto?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios