Xoves, 30 de Novembro de 2006

Muebles Rey e a monarquía

En A Coruña coñecemos moi ben as promocións de Muebles Rey, que tiñan coma protagonista perenne a Bertín Osborne (CORRECCIÓN: Bertín participaba nas promoción de Moblerone, coma ben indicou o noso benquerido Bart), pero que máis adiante o cambiaron por David Civera, Antonio Dell’Ate e, especialmente, ás Supremas de Móstoles:
Rebaixas Supremas
O cartel das Supremas non valía nada, pero o jingle radiofónico era caralludo, coas mociñas cantando “Ven a las Supremas, ven a las Supremas, ven a las Supremas… las rebajas Muebles Rey… (..) ven a las rebajas, las rebajas Muebles Rey“. Aínda o teño gravado a ferro na memoria :P

Pero estes anuncios van quedar no pasado, e a xente posiblemente lembre máis a última campaña protagonizada por Esther Mur, muller coñecida por ter un certo parecido a Letizia Ortiz, e que aparece agora coma unha posible campaña republicana segundo Blas García:
Aprovéchate del Rey
A campaña incluso conta cun vídeo:
Ver spot ▼

Pero vese que a quen lle saíu redondo o asunto é á tal Mur, que vive do conto, e agora sae nos programas do corazón coma se fose unha famosa de primeira fila. Agora só falta que apareza un doble de Felipe de Borbón, se enrolle coa Mur e logo vendan a exclusiva do nacemento das súas fillas… porque teñen que ter fillas, ¡para que non haxa que cambiar as revistas do corazón!

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Bart escrito o 1 de Decembro de 2006 ás 13:16

Querido Marcus. O honorável Bertim era de Moblerone. Saúdos

a gravatar

2. Marcus escrito o 1 de Decembro de 2006 ás 21:30

¡Ostras, Pedrín! Tes moita razón. Os anuncios de Bertín eran a repanocha, estaban ó nivel do de “Lorenzo Lamas, el rey de las camas”.

a gravatar

3. Blas escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 0:24

Grazas Marcus por facerte eco da nova do meu blog.

Un saúdo

a gravatar

4. Marcus escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 1:39

Blas, coido que non fun o único ;)
¡Menudo exitazo de mensaxe! A ese ritmo o teu blog vai ser tan popular coma o de Xaime coas fotos da Familia Real.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios