¿Mac ou PC?
Decididamente alguén meteu a pata ó facer uns anuncios televisivos nos que comparan os ordenadores Mac cos PC. Amoso aquí unha selección dos mesmos:
- O PC comeza conxelándose:
- O PC ten que comprar o paquete de aplicacións iLife coa ¿calculadora?:
- O PC ten que recoñecer un traballo ben feito por un Mac:
- O Mac farda de compatibilidade de hardware (?):
- Apostan polo atractivo sexual para promover o Mac:
- E, finalmente, fan burla do PC porque os seus cables non contan con suxección magnética para evitar accidentes cos cables, o que parece bastante cruel:
Así, pois, ¿qué sacamos de toda esta campaña? Pois que o fulano que fai do Mac vai de sobrao e resulta moi antipático, mentres que o que fai de PC resulta simpático, e vén a ser unha especie de Peter Griffin en carne e oso. Ou sexa, que a campaña saiulles coma o carallo.
Ademais, moitos dos argumentos do Mac se poderían desmontar de xeito doado. ¿Dende cando o Mac é compatible con máis hardware que o PC? ¿Dende cando o Mac ten máis aplicacións informáticas? ¿Un traballo feito dende un ordenador ou outro ten calidade segundo o hardware utilizado ou a calidade depende da habilidade do usuario? Vaia, que ó final o argumento que realmente poden manter no Mac é o da suxección magnética dos cables… e eu non coñezo a ninguén que tivera accidentes por mor dos cables cun PC…
Polo menos a campaña inspirou unha montaxe cunha canción de Fergie:






8 comentarios realizados
1. el podcastero enmascarado escrito o 22 de Novembro de 2006 ás 3:46
Aqui tes os anuncios en Español: http://www.apple.com/es/getamac/ads/
A campaña e de baixo nivel.
Busca estimular os argumentos “tipicos” que os maqueiros-peceros usan normalmente. Sexan certos ou non. Vamos, que queren estimular os “flamewars”.
Pasemos os argumentos:
-Si vas a Artús e mercas unha camara dixital, tes que meterlle o CD en windows para que rule. En Mac enchufala sin instalar nada, e arrancase o iPhoto e podes descargar as fotos, e ata pedir que chas manden reveladas en forma de album.
Podes enchufar un Mobil e sincronizar a axenda (teléfonos, mails, etc…) ca axenda do Mac.
Este tipo de cousas, que xa veñen de serie en Mac. En PC, tes que andar buscando drivers e programas…
Por eso o Mac ven “con MAIS programas” que supoño que e o que din no segundo argumento. Podes conectarlle a videocamara e facer edición de video, pasar a colección de fotos a un DVD, etc… todo co ordenador según ven de fabrica, sin instalarlle nada.
Pero bueno, os anuncios son un pouco unha parodia dos “argumentos”, incluso poden verse como unha parodia de Aplle sobre Apple.
Polo menos non fan coma M$ que se ocultan, e van de cools e de guais para vender os “zurullos” marróns.
2. Marcus escrito o 22 de Novembro de 2006 ás 10:23
¡Menudo doblaje más chungo! En español pierden toda la gracia los anuncios, pero porque buscaron voces demasiado genéricas, y no se nota la bis cómica. Una pena.
3. Ánzony escrito o 22 de Novembro de 2006 ás 11:30
SHUT UP, YOU ENVIOUS PERSON!
MAC RULES.
4. Marcus escrito o 22 de Novembro de 2006 ás 13:08
Ánzony, por moi cool que sexa o Mac, para min segue a ser coma o Betamax de Sony, polo que eu sempre apoiarei ós equipos compatibles cos IBM PC (aínda que agora IBM non teña nada que ver na leria, pois xa non fabrica ordenadores persoais, senón que vendeu tal negocio ós chineses Lenovo).
Admito a calidade dos Mac, pero coido que Apple hoxe aposta máis polos iPod, que parece que lle dan máis cartos.
5. Ánzony escrito o 23 de Novembro de 2006 ás 11:34
Vale, neno, ponte como queiras pero para os que a informática “nos chupa un pie” e ademáis somos bastantes paquetes, o mac é o ceo.
Na miña casa non entrou outro ordenador na vida que non fose un mac e fáloche do 1987, así que iso do Beta a min non me vale.
Ademáis coido que vou seguir a ter Macs ata o final dos meus días.
Ti non coñeces a miña nai. Se a ves nun mac, flipas, pero si a ves nun PC, flipas máis.
Hala.
6. Marcus escrito o 23 de Novembro de 2006 ás 12:32
Ánzony, pois eu o futuro do Mac non o vexo tan claro. Agora que están a empregar procesadores Intel podería ser o comezo da fin.
7. lauren escrito o 24 de Novembro de 2006 ás 0:46
Marcus…lembro unha conversa de fai non menos de 9 anos (traballaba eu na cig nos cursos de informatica), na que me dicias exactamente o mesmo sobre o futuro de mac, que non o vías claro…Eu simplemente quería comparar opinións posto que o meu compañeiro raiabame cos mac;que se tiñan procesadores motorola, que se foron os primeiros en programar en obxetos… direi,no meu humilde punto de vista, que a calidade do Pc está moi degradada,eu, hoxe en día, cando calquer persoa me pregunta onde mercar un Pc, recomendolle o Corte Ingles,sí, O Corte Ingles e o 99,9 % quedarán contentos, pq calquer pasmón pode montar, ensamblar, vender unha maquina Pc que ten o mesmo 99,9% de fallar.Co Mac iso non pasa…seguro.
8. Marcus escrito o 24 de Novembro de 2006 ás 1:55
Lauren, o que pasa hoxe é que os Mac teñen o futuro moito máis incerto, porque ó incorporar procesadores Intel abriron unha porta moi perigosa:
-pódese instalar Mac OS X (pirateado) nun PC
-pódese instalar Windows XP nun Mac
Ante este panorama o que periga non é necesariamente o Mac OS X, pero si a plataforma de hardware de Apple. As posibilidades son moitas, e os analistas comentaban xa hai un ano que Apple dera por perdida a guerra dos ordenadores persoais e que estaba a apostalo todo por manter a súa posición cos iPod, que finalmente dan moitísimos máis cartos. Poida que un iPod video non teñan tanta marxe de beneficio coma un Mac (algo que incluso se podería discutir) pero como venden moitos máis finalmente dan un balance económico que lle dá a entender a Jobs que o dos reprodutores multimedia foi o que mellor fixo a súa compañía en toda a súa historia.