Hai un galego na Rede
No momento no que estas liñas saian á Rede, eu estarei sentado nunha mesa xunto a María Yáñez, Manuel Bragado, Wicho e Lage nas xornadas de Enredad@s discutindo sobre a presenza galega na Internet, polo que preparei unha pequena introdución en PowerPoint que pode resultar ilustrativa para pór en situación á xente:
Pola noite agardo ter un ratiño para falar un pouco sobre cómo foi a feira.




9 comentarios realizados
1. Marcus escrito o 17 de Novembro de 2006 ás 20:25
Ai, ai, ai, eu abrín os turnos de intervención, e no medio do speech de Roberto Noguerol mirei para Lage e vin que estaba vendo no blog o PowerPoint que acababa de amosar e deume a risa… é que a publicación do post a tiña programada, e sorprendeume a coincidencia.
Ó final parece que á xente lle gustou o repaso da situación actual, aínda que non sei se me pasaría incidindo no feito da fenda dixital en Galicia.
2. elianinha escrito o 17 de Novembro de 2006 ás 20:42
A min pareceume moi atinada, gustoume moito a túa intervención (non é peloteo gratuíto, eh…)
3. Nemigo escrito o 18 de Novembro de 2006 ás 2:01
a idea e boa. Falar da internet na galiza. Penso que isa fenda dixital debería amosarse non só en contidos (que é evidente) a falla de contidos en galego na rede. Tamén en infraestructuras. Evidentemente a cobertura e accesibilidade á rede é pola falla de hardware. Non hai suficientes estacións base pra telefonía móbil, faltan cables de fibra óptica, equipos e centrais. Todo iso non é só cuestión de cartos. É necesario que a xente entenda que isas horrorosas antenas de telefonía móbil son necesarias. Non é suficiente con ir a san luis a mercar móbiles, non. Hai que levantar as rúas pra facer zanxas e enterrar km de cables. Necesitánse máis postes e moitos máis empalmes de fibra óptica. Todo iso é necesario explicalo. Que a xente entenda que isas molestias forman parte da sociedade da información e a tecnoloxía. Bótase en falta que en algunha de isas diapositivas se amosen antenas de telefonía móbil e torres de telecomunicacións. Xabier alcalá non perde ocasión pra dicilo e deberíase repetir e explicar
saúdos
4. Juan Varela escrito o 20 de Novembro de 2006 ás 13:15
Aínda falta un precedente de Nacho de la Fuente, Periodistas 21 gañóu o primer Bob ao millor blog periodístico en 2004.
Hai outro galego na rede.
5. Marcus escrito o 20 de Novembro de 2006 ás 13:24
Oh, si, menudo lapso. Esquecera Periodistas 21 (blog que leo a diario) pero a presentación a preparei a altas horas da madrugada, e non estaba moi espabilado.
E coido que tamén debería ter mencionado cousas coma Webalia e semellantes, que teñen certo peso a nivel estatal, pero moita xente non sabe que son iniciativas galegas.
6. Microsiervos escrito o 21 de Novembro de 2006 ás 19:32
¿Hai galegos na rede?
Por fin he podido ponerme con las notas que tomé durante la mesa Hai un galego na Rede de las jornadas Enredad@s que se celebraron del jueves al sábado pasado en Santiago de Compostela. Todos los errores que pueda haber…
7. José Manuel Lage escrito o 24 de Novembro de 2006 ás 22:56
http://www.jmlage.net/blog/galegos-na-rede-22-11-2006/
O pasado venres participei nas Xornadas Enredad@s, mocidade e internet organizada polo Consello da Xuventude de Galicia.
Participei nunha mesa moderada por María Yañez e na que estiven con Marcus…
8. Diego Pena Luaces escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 23:33
Estimado Marcus,
Como asistente ás “Xornadas sobre Mocidade e Internet” quero felicitarte pola túa intervención, xa que creo que trataches temas de especial importancia e interese. Sobre todo por falar da fenda dixital, que é algo moi común en Galicia nos nosos días e que moitos cidadáns coñecemos moi ben. E por outra parte gustaríame poñerme en contacto contigo para facerche unha pregunta da que creo que ti me podes dar unha resposta. Polo que che agradecería que me dixeses a través de ónde cha podo facer chegar.
Moitas grazas.
Un saúdo e felicidades polo teu blog.
9. Marcus escrito o 3 de Decembro de 2006 ás 23:52
Estimado Diego, acabo de mandarche unha mensaxe por correo electrónico, para que poidas contactar comigo. Un saúdo.