Mércores, 15 de Novembro de 2006

Enredad@s

Dende o xoves ó sábado celébranse en Compostela as xornadas Enredad@s, que contarán co seguinte programa:

Enredad@sXoves, 16 de novembro
09.00-09.30: Entrega de documentación e credenciais aos-ás participantes.
10.00-10.30: Inauguración das xornadas: D. Manuel José Fernandez
Iglesias, Director Xeral de Comunicación Audiovisual; Mª Dolores Rodríguez
Amoroso, Presidenta do CXG
10.30-11.30: Conferencia inaugural: “Googleando”, conferencia de D.
Bernardo Hernández, Director de Marketing de Google España e Portugal.
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa redonda: “Xornalismo 3.0: a comunicación cidadá”. D.
Alfonso Rojo, Director de “Periodista Digital”; D. Sergio Barriocanal, director
de “Diario Qué”; D. Santiago Tejedor, profesor do Dpto. de Xornalismo e CC. da Comunicación da UAB e editor do blog “Tecendo ideas”; D. Javier Monjas, editor de “Nuevodigital.com.”; Antonio Sangiao, director de “Xornal.com”.
16.30-17.30: Conferencia de José Manuel Cerezo, coordinador do informe e-España, e Secretario de Análise Telecóm España.
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.

Venres, 17 de novembro
09.00-10.00: Relatorio: D. Alberto Valderruten, Decano da Facultade de
Informática da Universidade da Coruña; D. Miguel Ángel Segovia,
Coordinador do Centro de Novas Iniciativas da Xunta de Estremadura; D.
Emilio Padrón, Presidente do Grupo de Software Libre da Universidade da
Coruña.
10.00-11.30: Conferencia de D. Carlos de la Iglesia, Director de
Comunicación de Microsoft España.
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa Redonda: “Hai un galego na rede”. María Yáñez,
directora de “Vieiros”; Manuel Bragado, Director de Xerais e creador do blog “Bretemas.blogspot.com”; Marcus Fernández, Enxeñeiro en Informática e subdirector da revista “Código Cero”; Javier Pedreira (Wicho), editor do weblog “Microsiervos”; José Manuel Lage Tuñas, primeiro político galego que editou un weblog.
16.30-17.30: Conferencia de D. Enric Sopena, editor de “El Plural.com”
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.

Sábado, 18 de novembro
09.00-10.00: Conferencia: Políticas positivas e recursos dende a Administración. D. Ramón Basanta Cheda, Coordinador do Centro de Competencias en Comercio Electrónico; D. Manuel Gromaz Campos, do Centro de Supercomputación de Galicia.
10.00-11.30: Conferencia sobre filosofía emprendedora: D. Venancio Salcines Cristal. Director do Master de Banca e Mercados Financeiros da Universidade da Coruña e Director da revista electrónica “Economic Analisys Working Papers.”
11.30-12.00: Pausa café.
12.00-14.00: Mesa Redonda. Iniciativas emprendedoras: D. Marcelo Castelo, Conselleiro Delegado de Professional Training; D. José Ramón García, Director Xeral de Blu:sens; D. Juan Manuel Piñeiro, Xerente de ControlP; Xerente de Disaconsulting; D. Óscar Sacristán, Xerente de Lambdastream.
16.30-17.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion.
17.30-18.00: Pausa café
18.00-19.30: Curso de Formación: “Weblogs: O meu espazo na rede. Comunicación e Marketing” Impartido por EdanXestion

Como vedes, o venres ás 12:00 horas participo nunha mesa redonda na que conto con moi boa compañía e na que discutiremos baixo o título Hai un galego na Rede. O tema parece interesante, e pensaba enfocalo dende dous puntos de vista diferentes (que despois tamén explicarei por aquí, xa que intentarei pendurar deste blog algún resumo do que alí se fale), pero gustaríame saber da opinión da xente que le estas liñas, por se alguén pensa que hai algún punto en concreto que se deba tocar durante o debate. Estamos abertos a suxestións.

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Andrés Milleiro escrito o 16 de Novembro de 2006 ás 8:44

Pois eu estou en Pontevedra agora ata o Domingo…mágoa non terme enterado antes de isto :(

a gravatar

2. andaime :: Enredando :: November :: 2006 escrito o 16 de Novembro de 2006 ás 21:31

[...] Probablemente o foro deste venres, será unha boa oportunidade para falarmos entre outros, dun suxerente debate xurdido nos últimos tempos sobre o blogomillo: [...]

a gravatar

3. Nemigo escrito o 16 de Novembro de 2006 ás 23:04

pero iso que é?
Unhas conferencias para mozos en horario educativo?
E só fan as charlas en santiago?
Non poderían facer as conferencias en distintas cidades galegas e fora de horario aducativo?
Hai que inscribirse? Pra que?
Isto lémbrame moito o que nos pasara un día. Foramos a unha conferencia sobre unha asignatura da universidade. Era cuspidiña pra nós. Nenguén nos avisara, enteráranos unhas horas antes. Chegamos alí e resulta que había que ir de etiqueta! Ao final conseguiramos colarnos pra facer bulto no aforo. Penoso o sistema educativo na galiza
saúdos

a gravatar

4. Marcus escrito o 16 de Novembro de 2006 ás 23:26

Nemigo, é que as conferencias do Consello da Xuventude de Galicia dan créditos na USC, de aí que señan en horario educativo, como dis, pero incluso se celebran durante o sábado (o que parece que acontece para que non se apunte a xente de xeito masivo, e que os asistentes estean medianamente interesados no asunto).
Finalmente parece que a meirande parte dos inscritos son moi activos (ou sexa, que tan mal organizado non estaba), e non paran de facer preguntas nas mesas redondas, o que é toda unha gozada.
O de facer unha xira de conferencias por Galicia podería ser interesante, pero non é unha práctica habitual, pero posiblemente porque se intentas montar algo, por exemplo, na fin de semana, a posibilidade de rematar nun baleiro absoluto é moi elevada.

a gravatar

5. Nemigo escrito o 17 de Novembro de 2006 ás 0:34

xa, pero é que a galiza é ampla. E no courel tamén pagan impostos. Pode que se lembren de eles pra algo máis que pra dicirlles o aillados que están. Facer algo organizado pra toda galiza. Levar e traer xente que estea interesada en falar de internet pra público en xeral. Incluso se podería emitir na radio galega e quen sabe ata resumos na tv.

Por certo, non son as charlas en san caetano? Ata alí chega a longa man da usc?
Si a conferencia da que falaba no post anterior era organizada pola universidad: nun recinto militar!
saúdos

a gravatar

6. Marcus escrito o 17 de Novembro de 2006 ás 2:11

Nemigo, tes razón en que algunha destas cousas poderían ter espazo na TVG ou na Radio Galega, pero igual non se queren meter en leas, porque hai moitos congresos e seguro que habería follóns logo para ver quen sae na tele.
Estaría ben algo máis de difusión de certos temas, aínda que teñan pouca audiencia (lembro con morriña o programa Galicia Século XXI, que coido que só o vía eu). Supoño que cando fagan outra canle da TVG terán máis espazo para botar contidos alternativos ou de carácter máis cultural (algo así como La 2 con respecto a TVE1).

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios