A nova Galega
Hai unhas semanas desatouse a polémica por mor do rexistro dun logo coa palabra Blog por parte de Sogecable, e o pasado 8 de novembro realizouse outro rexistro do que aínda non me enterara, posto que a Galega podería ter xa a imaxe da súa segunda canle (que chegaría só en dixital.
Así, por unha banda terían un logo que poderían empregar coma logo e que instaría ós televidentes a sintonizar a nova canle no número 7 dos seus televisores e receptores de TDT, G7 (expedente M 2739222):

E para achegar un nome máis familiar, tamén contan co logo de A Sétima (expedente M 2739299), que sería o contrapunto para A Galega:

Sen dúbida a idea parece boa, pero parece algo complexo iso de ter dúas autonómicas que non sen confundan ó comezo. ¿Sería máis atinado que A Galega se convertese á Sétima e que a nova canle tivese unha imaxe diferenciada como acontenceu en Madrid con La Otra?.
Tamén podemos abrir o debate sobre os números de canle, pois eu no meu caso teño así distribuidas as distintas cadeas na casa:
- La Primera
- La 2
- Antena 3
- Cuatro
- Telecinco
- La Sexta
- TVG
- Localia
- Telecoruña (en vías de desaparición)
- Canle promocional de R (actualmente Fox)
- CNN+
- Canal 24 Horas
- e logo o resto de canles de dixital
¿Conseguirán as canles impor o número no que a xente as vai sintonizar? ¿Canta xente buscou a TVG no 7 en vez de deixala no 3 ou no 4 como estaban antes (si, coñezo a moita xente que aínda ten a Galega en tales memorias do televisor)? ¿Notarase substancialmente nas audiencias a sintonización en canles de máis dun díxito? Moitas incógnitas, ¿non? ![]()






25 comentarios realizados
1. el podcastero enmascarado escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 5:30
A canle de promoción paseina o 9 para poder facer zapping rápido e ver dous capitulos de House a vez… sempre me perdo a resolución dun dos casos porque o outro se pon interesante, xusto empeoran o paciente mentras explican que tiña o incauto do outro capitulo…
2. Xaime escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:12
A galega sempre foi no 3, Antena3 no 4 e cuatro no 6. As canles colócanse por antigüidade.
Ordealas guiándose polo seu nome é caer na trampa. Nun pais coma o noso, que vive esperando e fancendo colas, non podemos permitir que as teles se colen. Que pidan a vez.
3. Depósito escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:16
O da 7 para a segunda canle non me pareceme mala idea… O que pasa é que quizais non dan as contas. Localia xa comezou a promocionarse como a 8, e entendo que sería pq xa vía as sete primeiras ocupadas.
Con respecto aos números de canle, a TVG para min sempre foi a 3, e nas teles dos fogares que coñezo creo que na maioría está así, na 3.
No meu caso teño así distribuidas as distintas cadeas:
1. La Primera
2. La 2
3. TVG
4. Antena3
5. Tele5
6. Cuatro
7. Sexta
8. Localia
9. Código TV (en Santiago) e TVSalnés (en Ribeira)
Moito criterio non ten, pero así foi quedando ao iren aparecendo as novas emisoras.
4. Fer escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:32
Agás se vives com um maniático da ordem que quase tem um soponcio quando lhe contas isto da ’sétima’, pq nom sabe onde vai meter a canle…. (e que cada vez que sai umha canle nova reordena todos os botons)
5. F. Jorge escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 10:36
E non existía xa “La Séptima” ou algo similar, que sería/é a TV autonómica de Murcia??? Ademais, na propia Galiza o que si é seguro é que xa hai unha “A 7 TV”.
6. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 11:31
F. Jorge, si que existen canles co 7, de feito, a que comentas é TV7 Monforte, e precisamente coido que por iso a Galega incide no de G7.
Se en verdade a Galega aposta polo G7 supoño que a tele de Fidel Fernán cambiará o número ó 9
7. ifrit escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 12:48
Na miña casa as canles sempre estiveron ordenadas por orden de chegada como di Xaime, pero agora co TDT púxenas todas por orden…
1. La primera
2. La 2
3. A3
4. cuatroº
5. T5
6. La Sexta
7. A Galega
8. T5 Sport (Localia inda non ten emisión dixital)
9. Teledeporte
10. TVE 24h
.
.
.
e así ata 22…
E xa aproveito para preguntar… alguén con TDT ve a canle Sony Entertaiment (antes VEO 2)? e NET TV?
8. eu escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 13:13
POis eu que queredes que vos diga, a galega téñoa na 1.
9. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 13:30
Ifrit, eu vexo de cando en vez algo de Sony Entertainment Televisión (SETenVEO) e algunhas das súas series están a rular polo Torrent. A canle aínda está madurando, pero a idea que teñen é pór series para cubrir o baleiro que hai nas outras programacións (ou sexa, como alternativa ó fútbol ou a outras contraprogramacións). Non é material de primeira fila, pero semella a programación de moitas canles de pago coma Paramount Comedy ou AXN, pero sen series de éxito recente (o que podería cambiar).
Por outra banda, de Net TV só gustaba dos programas musicais, e dende que Fly Music ampliou o horario só vexo atractivo nos programas de boxeo (son case a única canle que ten ese tipo de programas, pois teñen KO TV Classics, KO TV Internacional e Segundos Fuera). Precisamente a programación puxilística deu moi bos resultados de audiencia en lugares como a Comunidade de Madrid (e en boa parte da rede de televisións de Punto TV, que comparte moita programación con Net TV).
Ou sexa, que Net TV e SETenVEO pagan a pena só con que haxa un ou dos programas dos que poidas gustar. Lémbrame a Antena 3 Neox, que para min xa me pagaba a pena para poder seguir os episodios de Rosswell os domingos pola noite.
10. Suevo escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 14:44
Pois eu non estou de acordo en que as cadeas de televisión me “obriguen” a pór unha canle nun determinado número do mando. A galega sempre foi no tres inda que en moitas casas foi desprazada até o catro, e agora con “cuatro” a onde vai relegada ao 6 non, xa está LaSexta, ao 7, tampouco, aí xa din os de localia que poñamos a sua…
Cada un que poña a cadea onde lle dea a gana e que se deixen de numeriños no logo.
11. MaisUm escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 16:40
Na minha casa a TVG está (e sempre estivo) na terceira possição, não na sétima… A que vem isto agora?
12. ifrit escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 16:46
Marcus, eu preguntaba máis que nada porque eu non as vexo, non é que non quera velas porque non me gustan, senon porque non as podo ver
Será un problema de cobertura ou algo?
13. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 17:05
Ifrit, ¿non serás que recibes as canles por R? Porque R non emite nin Net TV nin SETenVEO.
Eu pílloas tanto en Melide como en A Coruña, pero se tes problemas de cobertura poderías non pillalas, xa que ambas están na mesma canle (coido que con Fly Music ou con Telehit). Aínda que o fallo tamén podería ser da adaptación da antena colectiva, posto que non sempre hai amplificadores para tódalas canles de TDT.
Ifrit, eu nin defendo nin ataco a esas canles, só comento que iso de que todo o que hai na TDT é unha merda é demasiado ambiguo, e prefiro soster que con que haxa un só contido por canle que che poida interesar nun momento dado xa paga a pena, xa que son contidos de balde, e a oferta de contidos agradécese moito (aínda que sexa con material que non sería axeitado no prime time).
Ah, e a ver se te vexo en persoa un día destes, porque teño que darte unha tarxetiña de Moo na que saes con Antonio Boñar
14. Manuls escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 17:28
Pois a min pareceme unha boa idea. Hai que ter en conta que o mellor para identificar unha canle é una cifra só e, ata onde eu sei, non hai ningunha canle nacional que se identifique co número 7, polo que é bastante lóxico que a segunda canle de A Galega esté no 7 ou no 9.
O que hai que ver é como serán os contidos desta nova canle e a ver cando o sacan… que xa van máis de 5 anos que anda por ahi pululando.
15. jessi escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 17:39
1º- la primera
2º-la 2
3º-tvg
4º-antena3
5º-telecinco
6º-cuatro
7º-canle promocional de R (fox)
8º-localia
9º-telecoruña
10º-canles dixitais
.
.
.
.
19º-sexta
si.. a sexta no 19!!! jajajaja por antiguidade máis que nada…
16. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 17:43
Jessi… ¡manda carallo! ¡A Sexta no 19! Eu debo deixarme incluír moito polos numeriños, aínda que admito que se poñen algún día unha canle pornográfica en aberto seguro que a poría no 10 ou no 30 só pola coña dos números romanos
17. xurxo escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 18:03
redios! mira q tedes debate co caralho dos numeros da puta tv. parece q estades a tratar da fin do mundo ou algo asi… bueno, pois eu co rolho do tdt nada, porque resulta que parte de lugo e ourense, e parte moi grande non poden recibir co tdt, nin a ssexta. asi que todo sigue igual, inalterable.
18. Anxo escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 18:06
Pero non empezou a fuchicar xa a nova, o outro día escoitei no telexornal que ian dar o partido de baloncesto do Lugo pola segunda canle dixital atraves da TDT. Eu poñerialle a un a G1 (setima) e a segunda a G2 (nova nona).
19. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 20:14
Anxo, polo momento a TVG ten 3 canles: a Galega, GTV América e GTV Europa. As versións GTV son reemisións dos programas adaptándose ós horarios europeos e americanos (e con algún programa vello para cubrir ocos) e dos que GTV América ocupa hoxe o espazo da segunda canle de dixital da Galega (o que permite ver en diferido moitos programas).
Se en GTV América emiten algún partido de baloncesto sería toda unha sorpresa para min.
De tódolos xeitos, parece que imos ter que agardar para a segunda canle da TVG, pois teño entendido que aínda non conta con partida presupostaria. Cando lle asignen cartos xa prepararán algo, pero non sei se estará o forno para bolos.
20. xabre escrito o 27 de Novembro de 2006 ás 21:43
Na miña casa, dende a chegada das dixitais, a cousa quedou así:
0. tve1
1. tvg
2. tve2
3. antena3
4. cuatro
5. tele5
6. la sexta
7. tve1
8. telelugo
Non sería nada traumático colocar G7 no lugar da (repetida) tve1
21. Xavier escrito o 28 de Novembro de 2006 ás 0:17
Pois eu quero poñer a Galega no 1º e xa está.
Pero por suposto que porlle o número 7 é boa idea, que cada vez q se compre unha nova tele, o “técnico” colóca cada unha nun numeriño-
Pareceravos increible, pero hai moita xente q non ve a sexta porque non sabe sintonzar o seu televisor.
Así as teño eu:
1-A galega
2-La dos
3-A primeira
4-Cuatro
5-Telecinco
6-La sexta
7-antena 3 (esta non está no número porque antes non me gustaba moito)
8-Telemiño
9-Canal 24h
10-CNN+
e demais… porque aos números de dúas cifras non se vai directamente.
22. Marcus escrito o 28 de Novembro de 2006 ás 1:10
Xavier, co do número de cifras diches no cravo. A xente ve máis as canles dun díxito, e o que podería pasar co tempo é que a xente ordease as canles segundo as súas preferencias, para aforrar o tempo de zapeo. Eu as canles de dixital as ordeo por temáticas (sepároas en novas, series, música e deportes) e cadaquén erá o seu truco para que facer zapping non sexa un suplicio (pasar máis de 20 canles para ver o que hai pode ser bastante pesado).
Moloume o detalle de que Xabre empregase o 0 da tele. Eu normalmente meto a canle de Mosaico de R aí, pero a xente non sabe que o 0 e a canle do euroconector non son sempre a mesma, polo que é unha memoria de sintonía máis da que se pode sacar proveito.
23. calvaris escrito o 28 de Novembro de 2006 ás 15:50
Se se deixasen de parvadas e fixesen unha canle de calidade en vez de dividir os cartos entre as dúas… Agora, en vez de ter unha mediocre, imos ter dúas malas.
24. Marcus escrito o 28 de Novembro de 2006 ás 17:06
Calvaris, non se trata de tirar os cartos na televisión. Ó ter dúas canles pódense atender as distintas sensibilidades de Galicia, polo que estaría ben que fixesen unha canle para mozos (máis urbana) e outra (como a actual) mellor enfocada ó rural.
Tal e como van as cousas, cada vez que intentan meter elementos anovadores perden audiencia, polo que ter unha única canle é un freo para a renovación da televisión galega.
25. Suevo escrito o 29 de Novembro de 2006 ás 14:47
Coincido con Marcus, o ter 2 galegas sinifica mais contidos e unha maior categorización dos mesmos.
Duas sociedades galegas perfectamente definidas: urbana e rural, duas televisión e que cada un elixa a que mais lle guste.