Xoves, 30 de Novembro de 2006

Muebles Rey e a monarquía

En A Coruña coñecemos moi ben as promocións de Muebles Rey, que tiñan coma protagonista perenne a Bertín Osborne (CORRECCIÓN: Bertín participaba nas promoción de Moblerone, coma ben indicou o noso benquerido Bart), pero que máis adiante o cambiaron por David Civera, Antonio Dell’Ate e, especialmente, ás Supremas de Móstoles:
Rebaixas Supremas
O cartel das Supremas non valía nada, pero o jingle radiofónico era caralludo, coas mociñas cantando “Ven a las Supremas, ven a las Supremas, ven a las Supremas… las rebajas Muebles Rey… (..) ven a las rebajas, las rebajas Muebles Rey“. Aínda o teño gravado a ferro na memoria :P

Pero estes anuncios van quedar no pasado, e a xente posiblemente lembre máis a última campaña protagonizada por Esther Mur, muller coñecida por ter un certo parecido a Letizia Ortiz, e que aparece agora coma unha posible campaña republicana segundo Blas García:
Aprovéchate del Rey
A campaña incluso conta cun vídeo:
Ver spot ▼

Pero vese que a quen lle saíu redondo o asunto é á tal Mur, que vive do conto, e agora sae nos programas do corazón coma se fose unha famosa de primeira fila. Agora só falta que apareza un doble de Felipe de Borbón, se enrolle coa Mur e logo vendan a exclusiva do nacemento das súas fillas… porque teñen que ter fillas, ¡para que non haxa que cambiar as revistas do corazón!

Os puntos do carné

Franchi vén de mandarme a seguinte fotografía:
can nun ciclomotor
Agora a dúbida sería: ¿cantos puntos lle quitarían ó condutor por tal infracción de tráfico?

A verdade é que a pregunta é complexa, e eu sosteño que lle quitarían 3 puntos e o multarían por un máximo de 150 euros xa que o acompañante non leva casco homologado e non vai sentado a horcajadas (coas patas traseiras nos reposapés e as patas dianteiras nos asideiros correspondentes).

Pero reflexionando un pouco máis quedoume unha dúbida: ¿afectan os puntos ás licenzas de ciclomotor? E resulta que si, pois a expresión “carné por puntos” é o nome informal do “permiso por puntos” e non afecta só ós canés, aínda que non creo que lle fagan moito caso a tal, porque eu sigo a ver moitos coches sen carné en circulación, e eses conductores por normal xeral fan tantas infraccións que sería unha milagre que conservasen os puntos.

Mércores, 29 de Novembro de 2006

Vaya Semanita

Estes días parece que non está a facer moita graza iso de que fagan humor coa tregua de ETA, pero eu a Vaya Semanita perdóolle todo:

Aínda que tamén saben facer rir falando de sexo ó estilo Íker Jiménez:

Os funcionarios non se salvan da queima:

E incluso chegan a imaxinar un xeito de sacar proveito empresarial das noites de farra:

Unha mágoa que en Galicia ata secuestran ós Galenecos de Galitoon. O único de humor que hai por aquí é o de Comando Zapping, e non dan a talla (entre outras cousas, porque os contidos non teñen ningún elemento de actualidade).

Frases de tele

A televisión ocupa un importante lugar nas nosas vidas, e así parte do seu vocabulario e das súas expresión acaban incorporándose á nova memoria e ó noso falar, polo que dende TV Land quixeron destacar certas grandes frases televisivas nunha listaxe coas 100 máis importantes, aínda que a meirande parte só teñen importancia nos EE.UU.
As frases que terían vixencia en España serían as seguintes:

  • “A jugaaar” (El Precio Justo)
  • “¡Mosquis!” (Los Simpson)
  • “Santos *****, Batman” (Batman)
  • “Me encanta que los planes salgan bien” (El Equipo A)
  • “¡Dios mío, han matado a Kenny! ¡Hijos de puta!” (South Park)
  • “Una pregunta más” (Colombo)
  • “Tengan cuidado ahí fuera” (Canción triste de Hill Street)
  • “Noooorm” (Cheers)
  • “Un pequeño paso para el hombre…” (Neil Armstrong)
  • “La verdad está ahí fuera” (Expediente X)
  • “¡Yaba daba du!” (Los Picapiedra)

Destas frases hai algunhas un pouco máis frikis:

  • “Denny Crane” (Boston Legal)
  • “No me hagas enfadar” (El increible Hulk)
  • “Jeje” (Beavis & Butthead)
  • “La resistencia es fútil” (Star Trek)
  • “Espacio, la frontera final” (Star Trek)
  • “Larga y próspera vida” (Star Trek)

Pero para España a listaxe é moi limitada, pois esquece clásicos coma:

  • “Chechuuuu” (Médico de familia)
  • “Un poquito de por favor” (Aquí no hay quien viva)
  • “Cuñaaaaoooo” (Ratones Coloraos)
  • “Me ha parecido ver un lindo gatito” (Looney Tunes)
  • “Beep, beep” (Correcaminos)
  • “Te vas a comer las patillas, mamón” (Al Ataque)
  • “Buenas noches, yo soy Emilio Aragón y usted… no lo es” (Ni en vivo ni en directo)
  • “Es que no me tienen pasiensia” (El Chavo del 8 )
  • “Chusma, chusma…” (El Chavo del 8 )
  • “No contaban con mi astusia” (El Chapulín Colorao)
  • “¿He sido yo?” (Cosas de casa)
  • “¡A la mierda!” (Fernando Fernán Gómez)

Uff, hai moitas, incluso na TVG:

  • “E non o dubides, serás un Xabarín” (Xabarín Club)
  • “Arriba, e alá vou” (Superman)
  • “Me cagho no mundo” (Pratos Combinados)
  • “¡Coma puños!” (Mareas vivas)
  • “Isto é todo e ata mañá” (Telexornal - O Tempo)

Esquezo moitas frases, pero seguro que cadaquén ten as súas favoritas, ¿verdade?

Pía de Tolomei en Pepe O’Inglés

O programa do pasado luns de Pepe O’Inglés, contou coa aparición especial de Pía de Tolomei, que ligou con Negreira (que segue sen estrear o seu blogue).
Para os que se perderan os momentos de gloria desta estrela herculina, aquí están recompilados:

A ver se os momentos televisivos acaban repercutíndolle no peto, como a outros famosos:

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios