Correo electrónico baixo o dominio Melide.net
Grazas a Google, os melidenses que queiran contar cun enderezo de correo electrónico con 2 Gb de capacidade baixo o dominio de Internet Melide.net poden solicitalo escribindo un comentario neste blog.
É preciso indicar o enderezo de correo electrónico desexado (fulanito@melide.net), o contrasinal que se quere inicialmente (que se pode cambiar, de debe ter como mínimo 6 caracteres) e unha breve presentación para entender que é alguén de Melide ou con algunha relación coa vila o que pide o enderezo (ou, simplemente, que sexa o meu colega).
Actualmente o dominio Melide.net estase a empregar coma agregador de contidos de blogs melidenses, polo que se es do Cerne de Galicia e o teu blog non aparece alí, este tamén é un bo sitio para avisar a través dos comentarios.




27 comentarios realizados
1. LauRa escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 0:26
Non sabía eu desta páxina, ves… Xa vexo que ando por alí…
Estaría ben unha dirección de correo… Pídome unha logo!
Queda ben: *****@melide.net (non teño ningunha seria para as ocasións…) e de contrasinal… “******” mismamente.
Ale, grazas
Bik0s!
2. LauRa escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 0:27
A todo isto, preciso demostrar que son de Melide?? xDD
3. Marcus escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 10:47
Laura, acabo de crear a túa conta de correo. Para acceder tes que ir a correo.melide.net. Ah, e o teu blog xa estaba no agregador de Melide.net, así que está máis que demostrada a túa procedencia
4. A escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 13:33
Joder tío, e ese escudio do Vaticano?!!!
5. riki escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 13:56
Yo tambien quiero¡¡¡¡, porfa¡¡
Podería ser:
***@melide.net, contrasinal “****”
Veña, Marcus, un saúdo
6. Marcus escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 14:14
Riki, ¡xa tes o teu e-mail melidense! Xa sabes, vai a correo.melide.net e xa podes acceder ó teu correo.
Ten tódalas prestacións de Gmail, ou sexa, que tamén se pode ler dende o Outlook Express, se pode buscar no seu contido, se conta con filtros contra o corre lixo… unha marabilla, vaia.
7. riki escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 21:14
Eres un fenómeno. Dios cho pague, ou mellor dito San Pedro.
Porque o noso escudo como ben sabes é un plaxio, ou “homenaxe” a cidade papal. Supoño que será por iso de compartir patrón, o devandito Peter. Non sei gustaríame ter un escudo do concello mais orixinal como o de Ames por exemplo. Veña meu, be careful, e sigue dicindo tacos en antena que quedan ben, non fagas caso.
8. Marcus escrito o 17 de Outubro de 2006 ás 21:50
Riki, a min o das chaves de San Pedro paréceme algo bonito, porque teñen unha historia (iso de que a parroquia se chame San Pedro de Melide e que, curiosamente, a igrexa de San Pedro xa non exista, e só quede o pórtico, pero nun templo dedicado a San Roque).
Sobre os tacos en antena, supoño que seguirei dicindo bastadas, porque iso de frear os tacos é só un xeito de falar (nas propias cuñas de Zapping os usan) o que pasa é que antes o propio Bieito Rubido se queixara dos tacos cando o entrevistaran. Algún día terei que ir por aí un venres e soltar os tacos en Radio Melide, ¿non?
9. riki escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 9:27
Homé, estamoste agardando como Auga de Maio.
Xa nos tarda.
Tómoche a palabra.
10. Tono Martínez escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 11:15
Boas Marcus. Son Tono Martínez (sei que falas con David e Miguel de Aniceto e eles coñécenme ben). Últimamente tamén manteño contacto “virtual” con riki por eso de que indirectamente me deu a idea para crear o blog do Santiso http://www.udsantiso.blogspot.com.
Se fose posible gustaríame unha dirección de correo: ***@melide.net con contrasinal: *****.
Gracias e noraboa polo teu blog.
11. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 11:22
Tono, xa tes o correo creado e o blog engadido a Melide.net. Un saúdo.
12. Sabela escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 12:14
Hola, son sabela, a prima de riki, polo que levo a sangue de melide. Ainda que son de ourense, estou en madrid e gostariame moito ter o correo de melide.
****@melide.net e o contrasinal ****.
Moitas gracias.
Bicos dende a capital.
13. pere escrito o 21 de Outubro de 2006 ás 14:14
hola q tal, me gustaría tener un @melide.net. me gustaría crear *****@melide.net por si vale de algo soy de melide pero juego en el equipo del toques. saludos
14. pere escrito o 21 de Outubro de 2006 ás 14:15
contrasinal *****
15. Marcus escrito o 21 de Outubro de 2006 ás 15:59
Pere, xa tes o correo operativo. Benvido a Melide.net.
16. MARY escrito o 25 de Outubro de 2006 ás 7:54
AUPAA!! Wenas a vr q me explike. Soy una chica d Bilbao,pilla un poco a desamano jj,xo weno la cosa es q Melide es mi segundo hogar se podría decir o al menos mi sangr pertenece a ese concello. Y
17. MARY escrito o 25 de Outubro de 2006 ás 7:58
(uy me he colao aki sigo..)
Y weno eso lo dixo q me he tirao dias y dias x esos lares y sobre todo horas y litros d heineken en el pub gatos..Y vamos q ya vale d contar mi vida q me haria ilusion podr usar ese dominio. Si pudiera ser galadriel_mary@melide.net
contraseña: **** (dspues se pued kmbiar cierto?
Weno un saludo dsd territorio vasco y a cuidarse.
GRACIAS!!AGUR!!
18. Marcus escrito o 25 de Outubro de 2006 ás 10:26
Mary, non hai problema con darche unha conta, pero o nome que indicas non vale, porque Gmail non acepta guións baixos nos nomes.
Por certo, non hai problema con pór un nome máis curto, ou sexa, tanto mary como galadriel están libres, xa que ata o momento só hai uns 15 usuarios en Melide.net, así que hai onde elixir.
Xa me dirás o nome de usuario que queres (e si, o password pódelo cambiar cando queiras).
19. maria escrito o 22 de Xaneiro de 2007 ás 8:47
Ayuda.No se actualiza ñla pagina de las noticias na prensa
20. Marcus escrito o 22 de Xaneiro de 2007 ás 21:49
María, debeu de ser un fallo temporal, porque agora vai (e non fixen nada para arranxalo).
21. Anikrichard escrito o 5 de Setembro de 2007 ás 16:06
hello , my name is Richard and I know you get a lot of spammy comments ,
I can help you with this problem . I know a lot of spammers and I will ask them not to post on your site. It will reduce the volume of spam by 30-50% .In return Id like to ask you to put a link to my site on the index page of your site. The link will be small and your visitors will hardly notice it , its just done for higher rankings in search engines. Contact me icq 454528835 or write me tedirectory(at)yahoo.com , i will give you my site url and you will give me yours if you are interested. thank you
22. xesus escrito o 14 de Setembro de 2007 ás 23:09
ola!! son de Melide, aínda que ultimamente non me deixo caer por alí nada máis que de quince en quince días. Probas? nunca iría comer polbo ao sitio onde vai todo o mundo; o cruceiro e mais a ponte de Furelos escaralláronos por completo con tanta limpeza e posta a punto; o cambio político facía moita falta; gustaba máis do Caralampio de pequeno cando Parrado repartía lapis de cores, etc, etc. Suficiente?? Agardo que si..:-) Teño blog, mais prefiro mantelo no anonimato (non falo de Melide nel) Como enderezo gustaría de xesusmosquera@melide.net.
Parabéns polo teu blog! e grazas.
23. Marcus escrito o 14 de Setembro de 2007 ás 23:55
Xesús, mandeiche a Hotmail o contrasinal para acceder ó teu correo. Un saúdo.
24. Partido Popular de Melide escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 16:13
Unha preguntiña Marcus, cal é o motivo polo que desapareceu da noite para a mañá o blog dos populares de Melide.net?Agora xa non sae como antes. por que?.
25. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2009 ás 17:29
Recibín varias queixas, porque os contidos do blog non tiñan nada que ver con Melide na súa meirande parte (só 1 das últimas 25 entradas eran relativas a Melide), e dificultaban moito a lectura en Melide.net: había moitas máis novas do voso blog que de todos os demais xuntos. O sábado pasado a cousa foi escandalosa, con 13 anotacións vosas e 3 do resto de blogs, o que levoume a tomar tal drástica decisión.
O blog non está borrado, senón que está oculto, de xeito que se nalgún momento vexo que se axusta á temática de Melide.net, volverei a poñelo público.
De feito, recomendaríavos que repensedes o contido do blog, pois non ten sentido replicar a información publicada na web oficial do Partido (podedes incorporar os seus titulares nun lateral do blog sen maior complicación). Se non falades de Melide non ides captar audiencia local (e encher por encher é unha política de publicación moi mala).
26. Partido Popular de Melide escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 0:09
Grazas pola resposta. No fondo tes razón. Cada un co seu fai o que lle dá a gana. De todos os xeitos, agradécense as recomendacións. Intentaremos facer moita máis produción propia que a que fixemos ata hora.
En realidade o problema é noso, no sentido que nos farían falta moitos máis medios humanos, técnicos, económicos, etcétera. Ademais que che imos a dicir a ti que ti non saibas destas cousiñas (novas tecnoloxías).
Co tempo, traballo e esforzo de todos os populares de Melide xuntos (por aquilo de que QUERER É PODER) intentaremos facer as cousas mellor.
Grazas e un saúdo MARCUS.
27. Marcus escrito o 20 de Outubro de 2009 ás 2:41
Fixen un pequeno amaño en Melide.net para que amose as novas do PP que teñan relación con Melide (pois tampouco paréceme axeitado publicar as novas do Concello e non as vosas).
Un saúdo.