Os Lunnis escolarizan ó blog de Xaime
Xaime comparou nos pasados días un par de fotos por mor dunha metida de zoco en La Voz (que ilustraron unha nova sobre os Lunnis e Barrio Sésamo cunha fotografía na que se parodiaba a famosa foto familiar dos Reis cos seus netos):



Este tipo de retoques nacen de Milinkito, onde hai moitos máis retoques, pero como hoxe publicaron unha ligazón ó blog de Xaime dende o de Nacho Escolar… ¡Xaime quedou sen hosting web! Supoño que superaría nunha hora o tráfico mensual contratado, polo que lle suspenderon o servizo. Cando antes pasaba tal por que a un o ligaban dende Barrapunto falábase de webs barraputeadas, pero agora, ¿que podemos dicir? Xaime, acabas de ser escolarizado ![]()
ACTUALIZACIÓN: Neste momento parece que está arranxado o poblema do blog de Xaime, o que fará que a súa popularidade suba enormemente por todas esas visitas que lle chegarán dende o blog de Escolar.






8 comentarios realizados
1. Xaime escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 16:21
Marcus, puxen o un plugin pq a máquina na que teño o hostíng non podía con todas esas petición. Vaia día.
2. Xaime escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 16:21
quero dicir que puxen un plugin cachear as páxinas
3. Xaime escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 16:22
bueno, cona, ti me entendes. ¡que día!
4. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 16:25
Xaime, ¡xa es unha Blog Star! Agora só che falta ir a un Beers & Blogs ou a un Cocktail Cadius
Ah, supoño que poderás pasar polo Enred@dos, ¿verdade?
5. Xaime escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 16:30
Vou a tentar ir a verte, ainda que cadra no peor momento. A ver se podo facer un oco entre biberón e biberón.
6. riki escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 18:58
Que é a supercomputadora Finisterre?
7. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 19:41
O Finis Terrae é un superordenador con memoria compartida que teñen no CESGA de Santiago de Compostela que era a de máis tamaño de Europa cando se anunciou (coido que tal marca só durou unha ou dúas semanas).
8. Nemigo escrito o 18 de Outubro de 2006 ás 23:40
certo,
cítanche o blog dende unha de isas páxinas e quedas pasmao vendo como os contadores suben. Nunhas horas podes ter máis visitas que en anos.
Hai que agradecer a xaime que fose quen de se fixar na desfeita de la voz de (caixa)galicia. Me pregunto se serán quen de dar explicacións do acontecido.
Lembremos que eles se apuntaron a LPI (NPI) agora publican unha foto sen pe e da que non teñen os dereitos. E todo iso metendo o zoco
saúdos