Sábado, 7 de Outubro de 2006

300

O cómic de Frank Miller, 300, vai converterse nunha película, e xa ten o seu primeiro trailer na Rede, pero parece que en YouTube hai unha versión máis longa:
A película promete moito, e vai ser unha boa ocasión para repasar o cómic de Frank Miller así como as vellas películas sobre o tema, pois a Batalla das Termópilas (eixo da historia) xa se contaba en películas coma El León de Esparta (co título orixinal The 300 Spartans), aínda que nesta ocasión a visión vai ser máis violenta e impactante, pero como pasou con películas coma Troya é de agardar que saian grandes relatos e outros produtos semellantes ó seu amparo.
Agora toca agardar ó trailer en español da peli, pois dubido moito que sexan capaces de atopar unhas voces tan rachadas como as da versión orixinal.

Comentarios non permitidos

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios