Martes, 31 de Outubro de 2006

¡Transfórmate!

Nos EE.UU. esta noite a xente bótase á rúa con disfraces, e este ano coido que o máis sonado vai ser o do rapaz que se disfrazou nun robot Transformer… ¡transformable e todo! Sen dúbida, un disfraz abraiante:

Novas camisolas de Nicetrip

Nicetrip lanza unha nova serie de camisolas para o mes de novembro:
Nicetrip novembro 2006

¿Debate invertido?

Non sei o motivo, pero o cambio que fixeron a pasada noite en Hai Debate pareceume bastante desconcertante, pois comezaron co enfrontamento 1 contra 1 sobre a eutanasia, cando normalmente ese apartado ía ó final do programa. ¿A qué vén a conto cambiar o formato para introducir ó principio, e de xeito forzado, un tema que rachaba co resto de contidos e que podería provocar unha fuxida da audiencia?

Logo, continuaron coa entrevista de costume, pero nesta ocasión non a protagonizou un político (¡era hora!) pero tampouco foi a cousa máis entretida do mundo. Non podo dicir o mesmo do debate sobre o urbanismo, que aínda que non incorporou argumentos novidosos, estivo axitado, e iso agradécese no horario do programa, para non quedar sopa. Iso si, Lage soubo defenderse (non esquezamos que un dos eixos do debate foi o decálogo do PSOE contra a corrupción urbanística e a oferta de pacto do Partido Socialista ó Popular na devandita materia):
Antes do silencio (que nesta ocasión ¡se emite na Noite de Defuntos!) O que máis me sorprendeu durante o programa foi o anuncio de que o martes, despois de Volver ao regovolverá á TVG o programa de José Luis Barreiro Rivas, Volver ao rego, pero que comeza dun xeito un tanto frouxo (entrevistando a Valery Karpin) polo que non creo que o vexa, porque nin o horario (que xa parece que a Barreiro lle queren facer o mesmo que a Blanco) nin a temática desta semana me parecen do máis axeitado.

Superman volverá de novo

En La Voz de Galicia publican o seguinte:

Supermán volverá a volar en la gran pantalla en el 2009
Bryan Singer, director de Superman Returns, repetirá detrás de las cámaras.
Superman ReturnsSupermán sobrevolará las salas del mundo una vez más en 2009, bajo la dirección y producción de Bryan Singer, el mismo cineasta que resucitó al legendario héroe después de casi 20 años en 2006, informó este lunes la prensa especializada en Hollywood.

El estudio Warner Bros. confió a Singer (Sospechosos habituales, 1995) para dentro de dos años la sexta secuela del hombre de hierro, cuyo presupuesto y guión todavía no están a punto, indicó Variety, referencia obligada de la industria del cine en Hollywwod.

Superman Returns, estrenada a mediados de este año con el protagónico a cargo de Brandon Routh, 27 años, tuvo un presupuesto astronómico de unos 260 millones de dólares, ya que tuvo que costear proyectos fallidos para llevar al super héroe a la gran pantalla en los últimos cinco años.

El filme logró recaudar más de 390 millones dólares en las salas del mundo entero y se espera que la próxima producción sea más económica.

Supermán fue, un personaje de cómic creado en 1938, fue interpretado en el cine cuatro veces por el actor Christopher Reeve, quien murió en 2004.

Non podo evitar citar esta nova porque nunha frase inclúe varios error:

  1. Christopher Reeve fixo 4 veces de Superman e Brandon Routh 1 vez, polo que de facer unha 6ª película de Superman estariamos ante unha 5ª secuela
  2. Superman é o Home de Aceiro, non o Home de Ferro (ese erro lémbrame a cando chaman a Batman “o cabaleiro negro” cando deberían dicir “o señor da noite“). O Home de Ferro é Iron Man e tamén terá película en breve, segundo din, protagonizada por Robert Downey Jr., quen o podería ter moi doado, xa que só ten que trasladar as súas experiencia coa droga ó mundo do alcol, que é a principal debilidade de Tony Stark (a identidade segreda de Iron Man).

Estiven mirando a nova noutros medios, e segundo parece, o resto corrixiron esas pifias que supoño que virían das axencias de novas.
De tódolos xeitos eu continúo coa miña dúbida sobre o título da nova película de Supes (¿será Superman Revolve?) así como os motivos que levan ó estudio a facer máis películas de tal presuposto, porque a última de Superman apenas recuperou directamente o seu investimento (indirectamente é outro cantar). Será para manter a figura de moda e poder seguir vendendo DVD, camisetas e todo tipo de mercadotecnia (agás os comics, que continúan a ser un produto marxinal).

ACTUALIZACIÓN: En La Voz veñen de corrixir parcialmente a pifia do home de ferro por “la sexta secuela del súper héroe“, ou sexa, que xa non confunden o ferro co aceiro (decataríanse de que o carbono é moi importante) pero continúan a liarse cos números.

Luns, 30 de Outubro de 2006

Nova campaña de Sisley

As últimas campañas publicitarias de Sisley teñen normalmente fotografías de Terry Richardson con mulleres moi suxerentes, que na meirande parte dos casos son modelos reputadas coma Josie Maran (que apareceu dende o catálogo de Victoria’s Secret ata nos anuncios de Maybelline), aínda que igual as últimas imaxes resultan un pouco atrevidas de máis, polo que parece que só as van a empregar en Europa (xa sabemos cómo son nos EE.UU.).
Temos que as últimas fotos con Josie Maran son un pouco arriscadas, e así xa comezan coa modelo ensinando os pololos coma se fose a señorita Yamabuki:
Os pololos de Josie Maran

Continúa a chamar a atención no que parece un anuncio de Queixo de Tetilla:
A tetiña de Josie Maran

E logo fai o propio cun dos anuncios de Got Milk? que seguro que vai ser unha das imaxes máis criticadas:
Josie Maran tomando leite fresco

Pero eu quedo co que parece unha promoción da campaña de Que volva o Xabarín:
Josie Maran a caron dun porco
Sen dúbida, unha campaña moi porca ;)

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios