¡Volve Gary Brolsma!
¿Lembrades a Gary Brolsma? Si, o tío ese que puxo de moda o de facer vídeos en plan karaoke (lip-syncing). Pois agora debeu de susperar o trauma de converterse en obxecto de burla global e demóstrao ó grande, cunha nova web e un novo vídeo musical:
O clip é bastante simpático, e paga a pena velo ata o final por algunha que otra coña que agocha. Tamén serve coma promoción dun concurso de imitadores de Gary co que repartirán 45.000 dólares en premios. O prazo de presentación de vídeos para crear o novo Numa Numa Dance abrirase o 15 de setembro, así que os tolos do vídeos caseiros deberán estar ó loro.






2 comentarios realizados
1. IaRRoVaWo escrito o 11 de Setembro de 2006 ás 10:46
Parece que aprendeu e agora tócalle gañar cartos con isto. Prefiro o primeiro video xD
2. Marcus escrito o 11 de Setembro de 2006 ás 11:04
O primeiro vídeo é xa historia (moito máis importante que Amo a Laura e o Koala) pero o novo vídeo nótase que está feito con moito humor (o outro era algo privado, non pensado para a súa difusión global).
Iso si, como o outro vídeo arrasou tanto coma o do Jedi Master, agora a xente agardaba algo semellante e está a ter moitas visitas, pero está claro que non ten nada que ver unha cousa con outra. Ó novo vídeo faltalle a accidentalidade e a improvisación (está moi traballado). Agora está por ver se no futuro funcionarán mellor un tipo de vídeos ou o outro.