Martes, 19 de Setembro de 2006

Adeus a Somos unha potenzia

O programa de Carlos Blanco Somos unha potenzia despediuse da grella da TVG (non sabemos se temporal ou definitivamente) esta semana, aínda que non co nivel doutras entregas previas, e co seu peor horario da historia (comezou á 1:36).
Carlos Blanco comezou entrevistando a Manolo Rivas, nunha entrevista extensa, pero da que non gustei porque Rivas estaba todo o rato nervioso, tremendo… algo que non lle pasou case a ningún dos convidados, que se sentían cómodos nun programa tan de colegas. Estiveron moito mellos as clases pasivas dende o sofá, propondo a realización de botellóns para acabar coa especulación inmobiliaria:

Trala publicidade a Banda en Potenzia completouse coa voz feminina de Najla Farid, que polo menos non foi o rapeo de sempre:

A canción continuou co tradicional monólogo de Carlos Blanco, que nesta ocasión non o soltou ó final do programa:
Estivo moi ben o momento Les Luthiers cando se pon Blanco a imitar acentos, e a carta erótica tamén se saíu do mapa. Tamén haberá que tomar nota das suxestións para cambiar o nome dos pratos tradicionais galegos.

A sección de Desencontros esta semana invadiu un pouco as competencias dos espías, pero resultou bastante orixinal ou, cando menos, friki:

As Rumorosas lembráronnos un momento histórico da televisión (Diana comendo un rato en V) e fixeron un repaso das webs das orquestra galegas:

Esta semana non tivemos monólogo de Carlos Blanco ó final do programa, senón que o programa rematou cunha actuación conxunta de Blanco e Antón Reixa interpretando o tema histórico de Galicia Caníbal (fai un sol de carallo):

A min facíame máis graza o Canibal Galicia (It is so fucking sunny), pero estaba claro que no programa de Blanco non era menester versionar o tema en inglés.

Iso si, souberon pechar moi ben o programa co remate das clases pasivas dende o sofá, que xa se decataron do que lle pasaba á súa tele:

Ai, para unha cousa boa que botaban… ¿qué veremos agora na Galega?

10 comentarios realizados

a gravatar

1. Gafu escrito o 19 de Setembro de 2006 ás 20:03

E eu que me quedei a durmir despois da entrevista a Rivas… Dios, e que con esos horarios. Menos mal que fun lista (por unha vez) e quitei as gafas, porque se non reventabaas. jajaja

a gravatar

2. Marcus escrito o 19 de Setembro de 2006 ás 21:07

Postos a despedir o programa poderían emitilo á hora na que puxeron Wild Wild West, pois así a xente que o seguía podería aguantar esperto… eu admito que deixei a gravar o programa e marchei para a camiña ;)

a gravatar

3. Nemigo escrito o 19 de Setembro de 2006 ás 23:10

pregúntome se agora que na tvg están a plantexarse os refritos de vai anos pensarán en reemitir os programas.

Por certo o banner ise de firefox con google puxéchelo ti ou che enchen o peto por el?
Curiosidade
saúdos

a gravatar

4. Marcus escrito o 20 de Setembro de 2006 ás 1:03

Nemigo, a Potenzia xa se está a repetir en TVG América (como outros vellos programas).

O do banner de Firefox o puxen para probar un pouco o sistema de AdSense de Google. O fixen só por curiosidade (coma “anuncio google” que metín á dereita) para ver se alguén premía na publicidade, pero cartos, o que se di cartos… para sacar cartos desas cousas hai que ter moitísimos milleiros de visitas ó día, e iso só o acadan media ducia de blogs en todo España :(

a gravatar

5. Pacha escrito o 20 de Setembro de 2006 ás 12:48

Ala… Xa se foi ó carallo á galega..

A vercómo melloran agora pra conseguir audiencia porque sen cousas boas e sen futbol dos sábados… van apañaos..

Tal vez se os nosos amiguetes do Zapping saisen..subía a audiencia coma a escuma

a gravatar

6. Amil escrito o 20 de Setembro de 2006 ás 13:52

Um detalhinho, meu, sim houvo monólogo de Carlos Blanco, passa que nom foi ao final do programa como é habitual. Foi entre a primeira e a segunda entrevista.

E nom entenderei nunca aos directivos da TVG, para um programa bom, com uma audiência boa que têm, vam e o sacam após tê-lo num horário humilhante durante todo o verão… E, por se for pouco, começa de novo Luar com a actuaçom de “La más grande: Isabel Pantoja”… Se cantam mais flamencas no Luar que na televisom andaluza!

Queremos uma televisom galega de verdade. Queremos uma programaçom decente. Queremos ser “unha potenzia” em televisom!

a gravatar

7. Marcus escrito o 20 de Setembro de 2006 ás 14:12

Oh, si, tes razón, fóiseme a pinza ó expresarme. Vexo que tamén me esquecín de subir o vídeo a YouTube, así que agora mesmo o corrixo ;)

a gravatar

8. Moncho Pais escrito o 22 de Setembro de 2006 ás 1:14

Marcus, tiñas que subir todos os programas de “Somos unha Potenzia” ao Emule ou compartilos no SoulSeek. Faríaslle un grande favor á humanidade e aos galegos (nós) en particular. Así tamén os poderíamos gardar con certa calidade para vérmolos cando quixeramos.

Anímaste? É unha mágoa que non se poidan conseguir estas cousas nin tan sequera en DVD porque nin as editan.

Respostas ao meu correo electrónico aureano@gmail.com

Moncho Pais

a gravatar

9. Marcus escrito o 22 de Setembro de 2006 ás 1:41

Moncho, como contaba con que o programa tivese continuidade non se me ocorreu gardar o de cada semana, de xeito que o único que conservo é o que está no YouTube. Menos dá unha pedra.
A verdade é que prefiro ver os fragmentos do programa que os programas enteiros, aínda que de saber que a cousa non ía pasar do verán faría unha recompilación decente.

a gravatar

10. Manuel escrito o 22 de Setembro de 2006 ás 12:55

Coas súas virtudes e os seus defectos, foi do mellor que vin ultimamente na galega. Carlos Blanco segue sendo un crack. Tamén me parecían xeniais os do Emilio, sempre cos seus acertados textos e reflexións. Oxalá voltemos a saber deles… e seguimos sendo unha POTENZIA

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero