Non dou creto ó que vexo. ¡¿De verdade se pode fallar unha pregunta así?! ¡¿Aínda hai que sostén coma válido ó xeocentrismo?! De ser así non me sorprende que nos EE.UU. pasen da teoría da evolución e falen do deseño intelixente coma xustificación do creacionismo.
O BlogDay é unha iniciativa para espallar a blogosfera, que incita a que a xente recomende 5 blogs que non teñan nada que ver co seu (ou sexa, que non sexan as típicas páxinas de sempre) e para cumprir vou recomendar 5 bitácoras:
QuéWeb! - Recompilación de webs horribles, que en moitos casos fan rir por non chorar.
Techcrunch - Blog de novas tecnolóxicas, non confundir coa chocolatina:
Atún tun tun - Blog de Manuel Quiroga, un mozo que estudia Teleco en Vigo e que renovou a imaxe da súa bitácora acadando un toque moi orixinal. Tamén comenta cousas moi orixinais sobre comics, televisión, etc.
Amo del Universo - Un friki arxentino repasa momentos históricos (e actuais) do Universo DC. Unha canle para lembrar momentos coma éste:
Chris Pirillo - Blog do guionista de bLaugh (a tira cómica non oficial da blogosfera) a quen lle temos que agradecer coñas como ésta:
¡Ai!, canta xente só quere o móbil para falar…
Con isto, a miña contribución á celebración deste día (que supoño que está a ser un éxito tendo en conta que a base de datos da organización está caída neste mesmo intre). Agardo descubrir novos blogs dende as páxinas que se adhiran á iniciativa deste día.
En Xornal.com falan da celebración que chegará a Melide durante a vindeira fin de semana:
¿Canta xente acudirá á Xuntanza do programa Lecer de Melide?
·A Vicepresidencia prevé a asistencia de máis de 5.000 persoas á terceira xuntanza para os maiores.
·Xa está confirmada a asistencia dun centenar autobuses a esta festa que se celebrará o vindeiro domingo.
·Ademais do xantar, están previstas actuacións musicais, pasarúas, obradoiros de oficios tradicionais e a actuación do Xabarín Club para os máis pequenos.
Vicepresidencia prevé a asistencia dunhas 5.000 persoas á xuntanza de maiores que terá lugar o vindeiro domingo- día 3 de setembro- no concello coruñés de Melide. Neste momento, xa está confirmada a asistencia duns 100 autobuses. Este é o terceiro encontro que se celebra dentro do programa Lecer para os Nosos Maiores, que este verán está a levando a cabo a Vicepresidencia da Xunta.
A delegación provincial da Vicepresidencia na Coruña coordina un amplo dispositivo de persoas para a celebración deste encontro, que se organiza en colaboración co concello, Cruz Vermella, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local. Medio centenar de persoas dependentes da Vicepresidencia traballarán en labores de organización neste encontro, aos que hai que sumar os efectivos que aportan todos os organismos colaboradores.
PROGRAMA.- Ás dez da mañá está prevista a chegada dos autobuses e vehículos particulares procedentes de toda a provincia e doutros lugares de Galicia, ao recinto da área recreativa de Furelos. Media hora despois o popular presentador de televisión, Superpiñeiro, será o encargado da lectura do pregón e da animación da festa ao longo de toda a xornada. A partir das once da mañá haberá actuacións da Agrupación Folclórica Castelo, e dos grupos Axóuxere, Os Melidaos e Froito Novo. A orquestra Montes será a encargada de amenizar o baile que terá lugar despois do xantar, no que os asistentes poderán degustar polbo, empanada, churrasco e carne ao caldeiro, ben no recinto da festa ou na vintena de restaurantes da vila que ofrecerán menús a prezos económicos. Ademais da música e os pasarrúas, que animarán o xantar dos maiores, haberá obradoiros, con demostracións en vivo de oficios tradicionais e xogos populares.
A festa estará aberta tamén aos máis pequenos, que poderán disfrutar coa actuación que o Xabarín Club ofrecerá polas rúas de Melide. Preténdese deste xeito, favorecer o intercambio interxeracional, unha característica novidosa que a Vicepresidencia quere imprimir a estes encontros. Ademais a piscina da área recreativa de Furelos permanecerá tamén aberta durante toda a xornada. O domingo se celebra mercado en Melide, un atractivo máis na celebración desta festa.
LECER PARA OS NOSOS MAIORES.- A festa de Melide é a terceira que se organiza este verán dentro do programa Lecer para os Nosos Maiores que organiza a Vicepresidencia da Xunta, despois das do Carballiño e Vilalba.A última terá lugar no mes de setembro en Pontevedra.Trátase dun programa cun investimento global de 200.000 euros (50.000 para cada encontro), que busca converterse nun espazo para fomentar o envellecemento activo dos maiores galegos, un obxectivo que a Vicepresidencia impulsa a través de todas as súas políticas.
En fin, que haberá que pasar para ver ó Xabarín en persoa
Como diría Sara Montiel co gallo do MTV Day: Marvelous!
O programa de Somos unha potenzia desta semana foi sen dúbida o mellor que fixeron nunca. De feito, foi tan bo para min que coido que marcou un punto de inflexión, de xeito que a partires de agora irá en decadencia, pois dubido que foidan facer unha cousa tan friki máis adiante. Tivemos banda deseñada, debuxos animados, personaxes bizarros, a Xabarín, a Shin Chan… ¡Se só lles faltou dedicarme a min o programa!
A verdade é que ó dedicar o programa á banda deseñada xa case é como se o programa estivese feito á miña medida, polo que o pasei coma un anano de principio a fin. O conto comezou moi ben, cunha boa entrevista a Miguelanxo Prado, autor a quen todos queremos moito na Coruña pola súa labor coma director de Viñetas desde o Atlántico pero a quen tamén aprezamos como artista, tanto polos seus traballos para televisión (Xabarín e Men In Black) como no mundo da novena arte (Quotidianías Delirantes, Trazo de tiza, Tangencias…).
Como a entrevista foi longa, tiven que partila en 3 bloques (xa que YouTube pon límite de duración ós vídeos pendurados no seu sistema):
Nesta ocasión as clases pasivas que se manifestan dende o sofá estiveron especialmente frikis, lendo comics e autodefiníndose coma superheroes:
O segundo bloque do programa foi o máis agardado por moitos, xa que se puido ver a unha figura estatal de primeira orde: ¡Cachita Brava! O magnífico Cañita fixo de todo na súa breve intervención, e compartiu co público varias das súas creacións:
Iso si, o Cañita foi un pouco mentireiro cando falou de Torrente 4 xa que foi el mesmo o que lle suxeriu a Segura que tivese unha escea na que fora a correr (e non ó revés) porque segundo o propio artista de Las Jubias a xente gustaba moito de velo correr cando saía en El Semáforo.
O raro é que non sacaron o tema do euro, porque se algo é actualmente Cañita Brava é un referente do cambio de moeda, xa que en Torrente 3 pedíalle a Segura que saldase a súa débeda de 6.000 pesetas de whisky e concretaban logo que eran 36 euros… ¡un momento histórico!
As Rumorosas, pola súa banda, comentaron de qué ía iso do Proxecto Mourente, aínda que é algo que se quedou un pouco atrás dende que xa hai toda a mobida de A Polo Ghit (no que tamén participan os do proxecto coa alucinante canción Como os caranguexos).
Saíndose bastante da temática da Rede amosaron unha sucesión de portadas da revista Barsowia do colectivo Polaqia, pero volveron ó rego coa clásica primeira película porno da historia:
O resto dos convidados tamén foron moi simpáticos, e incluso nos sorprenderon cun par de actuacións musicais bastante orixinais, pero o que moitos lembrarán mellor de toda a noite será un grande momento Shin Chan:
E se o pequeno Shinnosuke Nohara tivo os seus segundiños grazas á muller que fai a súa dobraxe, o actor que pon voz ó Xabarín tampouco quedou curto:
E por non faltar á tradición, Carlos Blanco rematou o programa cun excelente monólogo dedicado á banda deseñada, no que debuxa como poderían ser uns potenciais superheroes galegos, describindo dende o seu xeito de vestir ata ó seus berros de guerra:
Igual habería que lembrarlle a Blanco que “arriba e alá vou” (up, up and away!) non é unha frase do Capitán Planeta senón do mesmísimo Superman e que foi a que tomou como referencia Buzz Lightyear para o seu “hasta el infinito y más allá“, e tamén que os malos non son superheroes (senón superviláns), pero dá igual por hoxe. Eu marcho berrando “por Breogán, a todo flispín“.
NOTA: No momento de publicar este texto varios dos vídeos que subín durante todo o día a YouTube aínda estaban a ser procesados polo sistema (hoxe YouTube ía especialmente mal), polo que poden tardar en aparecer.
Para os que non se crean que as mozas que saen as portadas das revistas non son de verdade, convídoos a visitar unha web que explican cómo e por qué se fan certos retoques fotográficos:
A páxina de G!rlpower pretende chamar a atención no tratamento dos medios de comunicación sobre a muller (retoques fotográficos, censura de anuncios ou inducción á ciruxía plástica).