Se bebes, non conduzas… un programa de televisión
¡O que faltaba por ver! Diana Alonso, unha das 4 presentadoras do programa Juego TV de La Sexta acaba de quedar sen choio por conducir o seu programa bébeda como podemos ler en Galicia Hoxe:
Despedida unha presentadora por conducir un espazo en laSexta ebria
A produtora holandesa 3 Circis Media despediu unha das presentadoras de Juego TV, un concurso de chamadas telefónicas que laSexta emite en directo en horario nocturno.
O espazo, que se grava directamente desde os Países Baixos, é presentado por catro mulleres, unha das cales, a española Diana Alonso, foi despedida recentemente por petición da cadea, tras considerar que Alonso conducía o formato nun notable estado de embriaguez. Algúns deses momentos “estelares” foron colgados en internet no portal youtube.com.
Tras revisar os vídeos en que a presentadora española animaba o concurso presuntamente ebria, laSexta púxose en contacto directamente coa produtora para solicitar o despedimento automático da moza, petición que se fixo efectiva ó pouco tempo da chamada da canle.
Juego TV é un programa que se produce e grava nos Países Baixos e que se distribúe en directo para varios países. O formato en cuestión nútrese dunha serie de concursos telefónicos -sopa de letras, ABC, a palabra perdida- e os concursantes poden gañar ata en 5.000 euros.
O programa, que laSexta emite na súa programación de 2.30 a 4.30 horas, era ata agora presentado por catro mozas de nacionalidade holandesa -Eva Donker-, colombiana -Ingrid Carolina Ríos- e venezolana -Jairam Navas-, ademais da propia Alonso.
Como ben din, en YouTube está o seguinte vídeo:
¡Iso si que é pillar unha boa chuza!






5 comentarios realizados
1. LauRa escrito o 10 de Xullo de 2006 ás 20:15
Buff! Ese vídeo é boisimo!! Vino fai un par de semanas e pensei que me esmendrellaba coa risa jajaja
2. Sara escrito o 10 de Xullo de 2006 ás 23:04
Ya habia visto yo este video
ajajaj
genial genial….de verdad q poca seriedad tiene lag gente…esta juventú…
xD
Oye…lo d imaginarlos como bisbal y sergio dalma es cierto

ninguna d esas fotos q s supone q rulan por medio mundo ha llegado a mis manos / ojos
soy una dehgrasiaaaa
xD
enfin
muaa!!!!
3. Marcus escrito o 10 de Xullo de 2006 ás 23:51
Sara, tranquila entonces, que alguna foto te llegará, pese a las amenazas de muerte que hemos recibido todos al respecto
4. Rezznar escrito o 11 de Xullo de 2006 ás 1:26
jajaja gran vídeo eu tamén o vira antes xD
Saudos xente
5. marcus.es » Super MariBingo escrito o 18 de Xullo de 2006 ás 2:05
[...] Para quen pense mal, a Patricia Falchi non lle pasaba na reportaxe como á presentadora de La Sexta (ésa que agora di que tiña jet-lag) senón que ela é así. Que eu a coñezo de día (pois aínda que as reportaxes se graven ás tantas, o programa en plató gravábase a horas decentes) e é un tanto hiperactiva, pero moi formal e simpática. Se houbese máis xente así no mundo da televisión seguro que se pasaba mellor o tempo fronte a caixa parva. [...]