San Roque 2006: verbena en estado puro
Dende os blogs de Riki e Ghai-teirada me entero de que xa se pechou o cartel oficial das festas do San Roque 2006 que outro ano máis está organizado polo Concello de Melide en vez de pola tradicional comisión de festas sectorial que tan boas festas ten montado no pasado.
Este ano a celebración resulta moi decepcionante, cun programa no que as orquestras son case o único salientable:
· Martes 15 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Froito Novo” de Melide.
14:00 Concerto e baile a cargo do citado grupo.
23:00 Na Praza do Convento, gran concerto a cargo da ORQUESTA SINFÓNICA DE MELIDE dirixida por Fernando V. Arias·Mércores 16 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Axóuxere” de Melide.
11:30 Pasarrúas a cargo de: Banda de Unión Municipal de Merza
Banda de Música Municipal de O Rosal.
13:00 Misa solemne na Igrexa Parroquial, de seguido procesión e traslado de San Roque á Capela do Santo acompañado pola banda de música e o grupo de gaitas.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
20:30 Actuación na Igrexa Parroquial de:
Coral Polifónica de Melide.
23:00 Concerto na praza do convento a cargo de:
Banda de Unión Municipal de Merza
23:30 Verbena con:
Orquestra FANIA BLANCO SHOW
Orquestra SINTONIA DE VIGO·Xoves 17 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Os Melidás”.
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda Unión Musical de Valladares.
13:00 Misa solemne na Capela de San Roque.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
23:00 Concerto na praza do convento a cargo de:
Banda Unión Musical de Valladares.
23:30 Verbena con:
Orquestra GRAN PARADA
Orquestra CHARLESTON BIG BAND·Venres 18 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
GRUPO DE GAITAS O CASTELO
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda de Municipal de Melide.
Banda Isabel II de Touro.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
19:00 Certame de Bandas a cargo de:
Banda Municipal de Melide.
Banda Isabel II de Touro.
23:30 Verbena con:
Orquestra PHILADELPHIA
Orquestra JERUSALEN·Sábado 19 AGOSTO 2006· Día do Neno
GRUPO FOLCLÓRICO A MARISTELA DE SOBRADO
BANDA MUNICIPAL DE SADA
BANDA MUNICIPAL DE AS PONTES
23:30 Verbena con:
Orquestra PARIS DE NOIA
Orquestra PANORAMA·Domingo 20 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
23:30 Verbena con:
ORQUESTA OLIMPUS
GRAN ACTUACIÓN DO GRUPO MUCHACHITO BOMBO INFIERNO
Temos así que Mundo Verbena non é só un programa da TVG, senón que será o auténtico ambiente que se vivirá no verán melidense, por sorte para os vellos que van a tódalas festas do lugar a botar un baile e para desgracia de toda a xente moza, que non terá outra opción mellor que ir ós viños e mailos pubs como calquera outra fin de semana.
A verdade é que para ver cómo son as verbenas preferiría limitarme ó sketch de La Hora Chanante:
Así, pois, eu pregunto, ¿qué foi dos tempos nos que viñan a Melide grupos como Os Resentidos cando estaban coa moda da Galicia Caníbal? ¿Incluso a presenza de Manolo Escobar, Juan Pardo, Azúcar Moreno e Pimpinela son unha opción mellor a non ter nada? ¿Cómo podería ir peor o asunto? Pois coido que o único que podería facer que o San Roque fose peor sería ¡que chovese!
Cando menos, o último día pechará as festas Muchachito Bombo Infierno, que estará en Vilagarcía, Ribeira e Viveiro antes de pasar por Melide, ou sexa, que están en plena xira galega (aínda que xa tocaron en todas partes) e a este ritmo vai estar mellor o Rock and Motos de Palas que o San Roque de Melide.
De tódolos xeitos, para os que non coñezan a Muchachito, aquí vai o seu magnífico videoclip de Será Mejor (toda unha homenaxe ós Terrance & Phillips de South Park):

· Martes 15 AGOSTO 2006·



4 comentarios realizados
1. LauRa escrito o 25 de Xullo de 2006 ás 15:47
Falas de vellos que van as festas. Aquí tes unha rapaza nova que vai a todas as romarías que pode e máis se houbera. E podo decir que ás festas de orquestra cada día vai máis xente nova. Despois din que os novos so queremos discotecas e pubs, que veñan a unha boa romaría e xa me contaran…
En canto ao San Roque, alí estaremos vendo mínimo a Philadelphia e a París de Noia (alédome que cadre venres e sábado, así non teño que facer submarinismo pafero para pasar do Oasis ao Gatos) e por suposto a Muchachito, que na súa “sesión bermuth” no queixo en Arzúa estiveron CARALLUDOS!!
Saúd0s!!
2. Marcus escrito o 25 de Xullo de 2006 ás 17:31
LauRa, hai xente para todo, pero admitir que a meirande parte do público das orquestras está xubilado é de xustiza.
Non digo que non haxa xente moza á que lle gusten as orquestras, pero hai unha enorme masa de xente que non as atura, e para esa xente este ano o San Roque non ten nada que non sexa Muchachito, e paréceme moi pouco pedir ás festas de Melide, que noutras ocasións foron tremendas.
Visto dende o punto de vista turístico tamén está claro que non van a achegar a ninguén a Melide que non fose a vir de tódolos xeitos, porque tódalas actuacións que haberá se repetirán preto de Melide durante todo o verán. As orquestras todas tocan en media Galicia, e non é como nalgún ano (coma o de Pimpinela) no que había xente que viña a Melide porque non había outro xeito de ver ós intérpretes que actuaban que, aínda que non fosen os mellores posibles, si eran bastante exclusivos, e iso dá moita vida a unha festa.
Supoño que ó final foi todo cousa de cartos (e sabemos todos cómo anda o Concello ultimamente).
3. riki escrito o 25 de Xullo de 2006 ás 17:48
Tempos aquelos nos que Resentidos, Siniestro, Berrones, Limones, Milladoiro, Los Secretos ou Pimpinela(nunca tanta xente se viu polo pobo) por exemplo pasaban pola nosa vila, eran tempos de comisións de festas gremiais, nunca se lles pagará o seu esforzo altruísta de organización das mesmas,xa que perdían horas de traballo nos seus negocios, cartos (moitas veces..),amizades etc etc
Non hai cousa mellor para coñecer a xente do pobo que ser membro da comisión de festas, ahí e cando te das conta de como é a xente de verdade, en tódolos aspectos.
Eu teño anécdotas mil, xa que meu pai formou parte da comisión do 94, que trouxera os susoditos irmaus arxentinos.
Fai unhos anos é o Concello quen se encarga, empezaron ben con concertos de calidade como por exemplo, M-Clan, Amaral, Berrogüetto,Reincidentes etc etc, o que pasa é que no concello non deben andar moi boiantes de pasta e a xente que fai as festas dende o concello faino mais ben obrigada que por gusto.
Ëso sí dende que eu recordo as mellores bandas de música populares,tanto galegas como valencianas como as da Garda Civl ou Exército, pasaron pola Praza do Convento, e as mellores orquestas de cada ano están no cruce. O de traer algo para ós xoves non é nada novo, sempre existiu ese debate , agardemos que para o ano que ven se movan un pouquiño antes e que fagan un concerto, polo menos, con grupos de nivel e así volver ó rego dunha das mellores festas da comarca, sen dúbida.
En tema de organización de concertos, os Botes e o Queixo de Arzúa sempre trouxeron moi boa música sumándose fai dez anos o rockandmotos de palas que parece que vai perdendo fuelle, así que na comarca sempre tivemos ocasión de ver grupos relevantes do panorma nacional, incluso internacional, sen facer moitos kms.
Recordovos que Melide ten unha poboación segundo o censo do 2004 de 7.809 habitantes, dos cales 4.411 viven no casco urbano.
Arzúa 6.632
4. Marcus escrito o 25 de Xullo de 2006 ás 19:31
Riki, miña nai tamén estivo na comisión de festas do San Roque un ano (cando sacaran os platiños de Sargadelos) e contaba moitas anécdotas na casa.
Para min o máis chungo de todo iso é cando falan de cartos, pois hai xente moi miserenta (refírome ós que son ricos e daban para as festas a calderilla que tiñan no peto ou cousas semellantes).
De tódolos xeitos hai que admitir que houbo festas moi potentes, e é unha mágoa que ó final, pese a ter máis poboación, Melide non sexa quen de traer xente de fóra como poden facer nos Botes ou na Feira do Queixo, pois queda claro que a nosa Feira de Mostras non a coñece nin diola. A ver se algún ano se poñen as pilas co marketing e venden ben o que ten que aportar Melide ó resto de Galicia.