Venres, 14 de Xullo de 2006

¿Onde se meteu?

Daily Planet - Where Has He Gone?
A pregunta sobre qué foi do Home de Aceiro responderase hoxe nos cines de toda España. Mentres non dea tempo de que a xente a vexa non contarei nada (aínda que non é un segredo que xa leva varias semanas a circular pola Internet, e incluso leva máis dun día colgada en español nos programas de P2P).

Xoves, 13 de Xullo de 2006

Os Transformers chegarán á pantalla grande

A serie de debuxos animados dos Transformers arrasara nos anos 80, facendo que tanto os bonecos transformables coma os comics baseados na serie se vendesen razoablemente ben (os xoguetes era excesivamente caros, pois creo lembrar que os Transformers máis caros andaban polas 14.000 pesetas de aquela, ou sexa, que era un luxo coma o Falcón Milenario e cousas polo estilo), o que levou incluso que os Simpsons lle fixesen unha homenaxe na súa cabeceira:Portada do nº 1 de Transformers La Nueva GeneraciónPero o curioso dos Transformers é que marcaron unha época, e agora, nunha febre retro, aparecen coleccións de comics e series de televisión dando máis volvas ó asunto da guerra entre os Autobots e os Decepticons, que por outra banda, como di o meu amigo David, é ridícula, xa que os Autobots se converten en coches e camións mentres que os Decepticons se converten en avións, tanques, pistolas xigantes… ¿cómo é que a guerra non rematou nun único combate coa víctoria dos Decepticons? Porque entre o enfrontamento dun Volswagen Escarabello cun F17 coido que o único resultado sería a destrucción do carismático Bumblebee, ¿non? Pero, claro, como é tan mono… e hai que estirar a historia para vender xoguetes…
Pero a confluencia de distintos factores coma o éxito da colección de comics de Dreamwave (que se estreou en España hai un mes, aínda que xa arrasara nos EE.UU.), de varias series de debuxos aceptables (que se puideron seguir en España a través de Cartoon Network) e do anuncio do Citroën C4 (o que moitos poderían considerar decisivo) promoveron que por fin chegase unha película sobre os Transformers que se estreará o 4 de xullo de 2007. Para abrir boca xa publicaron un teaser na web oficial da película:

¡Menuda emoción! ¡Por fin imos poder ver un Optimus Prime realista! A ver se convence a imaxe que lle dan ós robots, aínda que vendo as posibilidades actuais no tocante ós efectos especiais vexo posible un bo produto (todo dependerá do guión). Agardemos que polo menos os humanos non saian para subir a moral ós Autobots (coma nalgunha das series de televisión, nas que as persoas eran unha especie de baterías anímicas dos pobres robots).
Ah, e tamén espero que a película de dobre ó español e non entreguen unha dobraxe sudamericana coma fixeran coa serie de televisión que se emitiu en España nos noventa, na que se podían escoitar lindezas coma “se me descompuso el auto” ou “estos Decepticones son unos villanos“. Aínda que igual se me da por descargar da Internet unha versión sudamericana para lembrar tales tempos (¿alguén terá por aí unha copia de Star Wars na que ó protagonista lle chaman Lucas Paseacielos e ó robot pequeno responde ó nome de Arturito?).

Por certo, escribindo este texto descubrín que había outro anuncio máis do Citroöen C4, no que o robot se pon a patinar sobre xeo:

ACTUALIZACIÓN: GalicianDreamer acaba de lembrarme que o vídeo orixinal do Citroën C4 tiña unha parodia co Citroën 2CV:

Mércores, 12 de Xullo de 2006

Os mil nomes do carallo

Antón acaba de mandarme unha referencia en YouTube cun videoclip de Leonardo Dantés cantando un tema dedicado ós mil nomes que recibe o membro viril masculino, o que me lembrou ó Diccionario secreto de Camilo José Cela que principalmente se compón de 2 tomos, un con sinónimos de carallo e outro con sinónimos de collóns, todos argumentados con referencias bibliográficas moi curradas. Pero, claro, comparar a Dantés con Cela é un pouco animal, ¿non?
Velaquí o vídeo:

Como vedes, tampouco se loce moito o Dantés con sinónimos, xa que a propia Jennifer Beals dicía moitísimos máis no segundo capítulo de Four Rooms, cando mencionaba palabras para definir pene para ofender (e excitar) ó seu marido. De tódolos xeitos sempre teremos dúbidas como se grelo serviría para pór nome ós órganos sexuais masculinos ou femininos (en Zapping a cousa estivo moi igualada cando deron a súa opinión ó respecto os oíntes). Por sinónimos, que non falte.

Escúchame gritar

Ahora mismito estaban echando por Sol Música (canal de promoción en R durante estos días) el vídeo de SPAM con China Patino de la canción Escúchame gritar y me pareció chulo, así que, aquí está:

Ah, y la peña de SPAM también tenía una canción con Silvia Superstar:

Martes, 11 de Xullo de 2006

Somos unha potenzia: mulleres bravas

Carlos Blanco dedicou o Somos unha potenzia ás mulleres bravas, que definiu no seu monólogo final:

Non foi o mellor monólogo de Blanco, aínda que tivo un par de momentos bos. Quizais non acadou o nivel que agardaba por estar cinguido á temática do programa (máis concreta que de costume).
Iso si, cando Carlos Blanco dixo que ía dar paso a unha muller brava (Moncha) por un momento pensei que ía ser quen de entrevistar a Karina Fálagan (que dende que tivo o follón dos cans non souben máis dela). ¿Teremos algunha entrevista dese tipo en Somos unha potenzia? ¿Abreveranse a levar ó programa a personaxes incontrolables? ¡Que entreviste a Miguel Cancio XA!

Iso si, esta semana foi a primeira vez na que rin un pouco coa sección de Desencontros, e é que a Sor Asunción Carreira cantando dende Burkina Faso pareceume tremendo:

O que si me pareceu abraiante esta semana é que gustei máis do primeiro bloque do programa que do segundo, aínda que posiblemente foi polo atractivo da figura de Ánxela Bugallo, a quen temos moito aprezo dende Código TV (especialmente Carlos Roma, que xa lle fixo varias entrevista e sempre remataron escachando coa risa). Unha mágoa que non haxa máis políticos tan accesibles.
Ánxela Bugallo comentou cousas varias, sempre cun sorriso na cara, procurando levar con humor tódalas preguntas, que tampouco buscaban ferir en ningún momento:

Despois dos espías en prácticas Ánxela Bugallo estivo fronte a vitrocerámica vendo as fotografías de Xurxo Lobato, que aínda deron o seu xogo, aínda que só fose polos comentarios sobre o bolso e os zapatos da conselleira (falar de roupa era un xeito de amenizar unha conversa que pretendía ser amena):

En definitiva, o programa estivo bastante ben, mantendo o nivel que acadara a pasada semana. Agardo que sigan así, pois van en camiño de converterse nun programa de peso, aínda que para iso é preciso moita rodaxe e o mellor momento para iso é o verán, cando na televisión se programa normalmente lixo e as audiencias son baixas, polo que se poden correr riscos.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios