Xoves, 20 de Xullo de 2006

O Son Goku máis internacional

Berto comentou en Chuza! que hai unha versión en esperanto da canción de Dragonball Z, e aínda que ten un intérprete arrepiante, aí vai:

Para quen non o lembre, a canción en galego era bastante diferente:

Pero, claro, cada quen fai a tradución das cancións como lle peta, de aí que a versión española non se parecese nada, por exemplo, á mexicana:

De tódolos xeitos, a mellor versión (como é habitual) é a xaponesa, que é toda unha pasada:

Mércores, 19 de Xullo de 2006

A dobraxe contraataca

En Chuza! falan dun vídeo no que se amosa o enfrontamento entre Luke Skywalker e o Lado Escuro da dobraxe, e non puiden resistir a tentación publicar aquí o simpático clip:

Martes, 18 de Xullo de 2006

Un capítulo calquera de House

Dende Chuza! leváronme a un curioso texto que quero compartir dende aquí:

Sinopse de um capítulo qualquer de House

Uns desconhecidos estam a fazer qualquer caralhada.

Os protagonistas de House

- Pois Helen regalou-me umha pulseira de plata que… aghhh!!…

- Rula, estás bem?

- Cof cof whaghh!

- Rula!!!

- Cuack!

- Meu deus! ajuda! valede-me!!!

TUUUUUUN TIIIINNNNNN… Ti Tiiiruuuriiiiiiiru… Ti Tiiiruuuriiiiiiiru… HOUSE!!!

House e o Neurólogo negro (”H” e “NN”) caminham por um corredor do hospital:

Neurólogo Negro: A doente sofreu umha reacçom alérgica ás aminotopotasas calciformes das suas meias.

House: O TAC mostrou níveis altos de churriminoácidos?

NN: -Nom, e os torrínidos estam em 14 miligramos por kilo.

H: Que lhe fagam umha colhoscópia para ver se mostra signos de ostetitaçom.

NN: Estás a dizer que tem chungopatite? Só há um caso entre um milhom, nom fai sentido… cortisona e “pracasa”.

H: Ai nom? entom…. por que ranha na orelha esquerda?

NN: ?¿?¿?¿?¿?¿?¿¿??

H: Que lhe fagam a análise.

House busca o jeito de nom passar consulta, de passo amostra algo mais da sua vida… e depois…

Moça: nom me sinto b… cof cof aghhhhh!!-

NN: Sofre parada cardiorespiratória!! 20 miligramos de tritopotasa!!

Marido da moça: A minha mulher está a morrer!! Fagam algo!!!

Entubam-na, electrocutam-na, e salvam-lhe a vida

House e a sua equipa discutem numha sala com umha piçarra de rotuladores. De cada frase entendes umha ou duas palavras (conjunções, pronomes…)

Guapinha chapona: reaccionou aos esteroides, nom pode ser umha alérgia comum.

H: Moi bem! Decataches-te ti soinha?

GC: /mode_miradassasina ON

H: Bem, EU tenho raçom, tem chungopatite. Há que ponher-lhe lixívia em vena.

TODOS: Que estas a dizer! se nom tem chungooqueseja poderias matá-la! blahblahblah

H: Aquimandoeuuuuu

Aplicam-lhe o tratamento e a doente pom-se a morrer mais umha vez, entubam-na, electrocutam-na, e salvam-na…

H: Vale, nom era chungopatite

House decide que compre entrar na casa do doente, e de passo cambiar-lhe a medicaçom por outra de algumha enfermidade que como moito apareça umha vez entre 1 milhom.

Algum ou alguns membros da equipa de House (temos umha Guapinha Chapona, um Neurólogo Negro e un Inglês “Pijo”) entram na casa, plagiam a escea de recolhida de provas de CSI, e quando nom atopam nada (porque nom tenhem coxo-zoom ™), fam algumha parvada como comer algo do frigorífico ou acepilhar o cam do doente… )

Tamém há um intre de escea no laboratório com pipetas e frascos moi interessantes, beeeeem!)

Moça: morromaaaaiiiiiiis……

Dade-me um tubo e umha bolsa de ar!…- apartade-vos que vou!!!…zzZZZzztTTTTttztttztz…. e… salvam-lhe a vida.

Jefa cachonda do Hospital: A doente puxo-se verde!, Ídela matar!, House é um incompetente!! (ainda que sinto umha terrível admiraçom e apreço de amiga verdadeira por ele, assi que nom vou fazer nada)

House passa consulta e fai burla dos seus doentes…

Voltam á sala da piçarra

NN: A última caralhada que lhe pugemos quase a mata.

H: Porque nom tem isso que inventamos… que pode ser….

(House fica mirando umha avelainha que voa ao redor de umha lâmpada com forma de yin-yan… e, nesse momento, um moucho sae de umha rateira e come a avelainha, o que parece deixar a House mergulhado numha tremenda revelaçom)

House

H: Como puidem nom decatar-me? Ranha na orelha esquerda! Todo quadra! Tem o Mal Infernal de de Howkinson ™!!

TODOS: HALAAAAA!!! SOBRADOOOO!!! é 1/2 casso num trilhom de muitilhões!!! mas conhecemos a enfermidade porque o saver nom ocupa lugar, sobre todo se tes guiom)

H: Inglês Pijo… quando estive-ches na casa da doente, nom dixe-ches que lavaras os dentes com o seu cepilho de madeira?

IP: Sí, e?

H: E isso parece-che normal?

GC: Os cepilhos de madeira acumulam ácaros que podem actuar coma desencadeantes do Mal Infernal de Howkinson ™ e bla bla…

H: Moi bem Guapinha Chapona! Por isso te contratei… e porque estás boa, claro.

NN: MAS TOLEAS-TES TODOS!?!?! Como vai ter isso! Se nem existe! E aliás no m pode haver informaçom de umha cousa que só lhe passou a um gajo em toda a história da medicina! Som o único que nom perdeu a cabeça?

IP: Bom… eu de pequeno estudiaba seminario mas deus abandonou-me e desde entom…

NN: ???????

H: Tenho raçom e todos vós sodes bosta.

(Em definitiva, coma sempre, ao quarto intento House tinha raçom (ainda que fosse totalmente impossível), e o doente vive)

NN: Nom podo acreditar que tivesse raçom outra vez.

GC: É o meu heroe.

IP: Reparas-tes em que todos os médicos agás House somos uns incompetentes, e que de nom ser por ele morreriam todos os doentes da série?

NN: Si machinho, e nom sabes como me fode…

GC: Em realidade é um home maravilhoso que tem taaaanto que aprender-nos…

OS DOUS: (Zorra…)

TUUUUUUN TIIIINNNNNN… Ti Tiiiruuuriiiiiiiru… Ti Tiiiruuuriiiiiiiru…(fundido em negro)

Os Tonechos en Potenzia

O programa de onte de Somos unha potenzia volveu a acadar un nivel máis que aceptable, no que xa parece un encauzamento do programa, e supoño que o feito de que levasen ó Tonechos subise algo a audiencia, aínda que eu agradecín o feito de que en realidade fosen Roberto e Víctor os presentes, xa que os personaxes dos Tonechos xa os teño aburridos.
Ó pouco de empezar (tras facer un par de parvadas) xa tiveron que contar con Chus para escenificar un tópico das festas de verán, co curioso xeito de pagamento dos xefes das comisións de festas, aínda que o apontamento que fixeron os Tonechos é aínda máis ilustrativo:

Quizais o peor da entrevista dos Tonechos foi a irrupción da sección dos espías en prácticas, que aínda non lle atopei xeito en ningún programa, e agardo que a acaben eliminando (os actores que participan poderían intervir no programa de moitos outros xeitos, sen romper o ritmo das entrevistas).
Iso si, a interrupción corrixírona cunha desmedida homenaxeando ós Irmáns Marx, o que tivo certa coña dada a semellanza de Víctor/Tucho cun dos míticos humoristas:

O segundo bloque do programa destacou por ter tantos convidados coma sempre, pero cunhas interaccións curiosas, pois cando menos eu flipei coas caras que Josefa de Bastabales lle lanzaba a Davide Salvado. ¡Daban para facer un poema!

Iso si, se ben a pasada semana era a primeira vez que gustaba de Desencontros, esta ocasión moloume Dende o sofá, pois a coña dos estilos de música e as cancións tradicionais galegas resultou moi atinada. ¿Quén non cantou nunca A Rianxeira tras unha noite nos viños? Sen dúbida, unha boa entrega das clases pasivas:

A intervención das Rumorosas pareceume un pouco rara esta semana, xa que só puxeron imaxes curiosas e simpáticas pero, agás as das pandeiretas, non se sabía moi ben a qué viñan. E o feito de que non citasen as fontes fíxome pensar que posiblemente se tratase de material que foron gardando ó longo do tempo e que agora gardasen no seu ordenador. ¿Alguén me podería ilustrar sobre as fontes das imaxes desta semanas? Porque as pandeiretas tuneadas eu as vira nalgunha parte antes, por agora non dou na conta.

Por certo, ¿fun eu o único que lle pareceu chocante que en todo o programa non empregase o plano cenital cando facían referenza ó Altísimo. Supoño que estaría mal a cámara e ninguén llo dixo á xente do plató :(

Nesta ocasión tamén o sketch dos alcaldes estivo bastante ben, coa alcalde de Arousa en Londres, especialmente polo feito de que a anécdota do reloxo musical está baseada en feitos reais:

Iso si, o remate do programa si que foi glorioso, con Carlos Blanco explicando a súa idea dun argumento para unha película porno con grandes estrelas galaicas como Falo Núñez e Mercedes Pezón. Aínda que cando escachei coa risa foi cando comentou o momento de sexo lésbico bilingüe normativo-reintegrado que me pareceu baseado en feitos reais (¿alguén pode confirmar tal?).
En definitiva, outras risas máis grazas ós monólogos de Carlos Blanco:

Luns, 17 de Xullo de 2006

Super MariBingo

MariBingo na Fundación Luis Seoane
Juan no MariBingoEstaba anunciado, as Maribolheras Precárias anunciaran un MariBingo na Fundación Luis Seoane, un evento con moita sona na Coruña, aínda que unha locutora de RadioVoz comentou que o acto estaba organizado polas Mariboleras Precarias, aínda que eu nunca vin a ningunha delas na boleira do Temple.
Aparte do bingo en si mesmo, o evento tratábase de toda unha celebración, na que os gais máis populares da Coruña aparecían vestidos co traxe tradicional galego, ¿ou debería dicir gai-lego? Porque parece que a relación entre o mundo do traxe tradicional e os gais é notable (cando menos pola zona de Compostela).
O propio Juan ía vestido co traxe tradicional, aínda que non se alimentaba só de empanada, senón que tamén lle daba ás aceitunas e ás birras, polo que o carácter de diversidade do MariBingo se aplicaba a case tódolos ámbitos, dende o sexual ata o culinario.

Para os amigos de Zapping hai algunhas apariciones que serían subliñables, coma o top manta que montou Antón ou mesmo a tómbola benéfica que montou Fernanda:
Fernanda montou unha tómbola no MariBingo

Tamén Susana a vella andaba por alí (aínda que iso é normal xa que é toda unha icona gai na actualidade) mentres que As Rumosoas tampouco faltaron:
As Rumorosas no MariBingo

De tódolos xeitos, e como estaba anunciado, a protagonista de toda a noite foi Pía de Tolomei:
Pía de Tolomei no MarBingo da Luis Seoane

Iso si, o máis curioso do asunto foi que esta mesma semana, buscando un vídeo para Carlos Roma en Código TV atopei unha intervención de Pía de Tolomei no programa de Carlos Gulías chamado Écheoquehai (coido que é o primeiro e único programa de televisión gai de Galicia):

Para quen pense mal, a Patricia Falchi non lle pasaba na reportaxe como á presentadora de La Sexta (ésa que agora di que tiña jet-lag) senón que ela é así. Que eu a coñezo de día (pois aínda que as reportaxes se graven ás tantas, o programa en plató gravábase a horas decentes) e é un tanto hiperactiva, pero moi formal e simpática. Se houbese máis xente así no mundo da televisión seguro que se pasaba mellor o tempo fronte a caixa parva.

Pero volvendo ó MariBingo, teño que admitir que non me quedei a todo o chou xa que o empreguei coma paréntese, xa que fun do MariBingo a ver Superman Returns e da película volvín ó MariBingo. Sobra dicir que a película dura máis de dúas horas e media, e tanto cando marchei como cando volvín o MariBingo estaba en marcha, polo que vos podedes facer unha idea da movida que houbo toda a noite.

Iso si, tanto Pía de Tolomei coma Juan dicían ós que quedamos ata o final aquilo de grazas por vir. ¡¿Pero qué carallo?! ¡Grazas a vós por montar este tipo de movidas tan chula! Se houbese máis cousas polo estilo a vida cultural dunha cidade sería moito máis rica e non farían falta os botellóns.
Xa sabedes, se o queredes pasar ben unha noite, asistide ó vindeiro MariBingo.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios