Martes, 25 de Xullo de 2006

¿Amor na Rede?

Ai, ai, ai… como onte puxeron na TVG un especial sobre as Festas do Apóstolo, quedei sen a ración semanal de Somos unha potenzia e a única proposta nova que deu a televisión non me pareceu moi satisfactoria, xa que onte se estreou o programa Amor en la Red.
Nun principio un xa sabe qué agardar deste tipo de programas, se está sobre aviso, pero a verdade é que o lanzamento do programa, se nos fiamos pola nota de prensa de Cuatro, parecía algo fresco e diferente, cando a realidade era ben distinta.
O novo programa é o típico concurso de ligoteo, pero a novidade era que se empregaba como coartada a Internet, o que resulta ser un camelo, xa que os concursantes non saen da base de datos de Match.com, senón que son os típicos invitados ós talk shows da tarde que nesta ocasión queren saír na televisión facendo que buscan parella.
Para comezar, xa poñen un presentador guaperillas, o Aitor Trigos (que tería máis gracia se respondese ó nome de Aitor Tilla) e que no seu currículo ten o mérito de ser elixido Mr. Turismo Internacional 2001 (¡manda carallo!):
Aitor Trigos
Despois, collen a un concursante que parece sacado do discoteca da esquina:
SonnyCroket
¡Fixádevos! ¡O seu alcume é Sonny Crockett! Ou sexa, que se trata dun fan de Corrupción en Miami… ¡aínda quedan! Con este precepto a película de Colin Farrell vai ser un éxito.

Por suposto, as mozas tamén parecen sacadas dunha discoteca ou pub (nalgún caso, incluso dun club):
Concursante feminina

E presentan ós participantes dun xeito moi webeiro:
imaxe webeira do concursante

Pero despois do desfile gráfico, ¿en qué consiste o programa? Pois simplemente se trata dun remake do Vivan los novios de Andoni Ferreño e Natalia Estrada no que os datos de compatibilidad non saen dun ordenador anónimo, senón que vén da man do patrocinador do programa: Match.com.
Ademais, coincide que Match.com tamén é o patrocinador dun programa moi semellante que hai en Telecinco (La hora de los corazones solitarios) polo que podemos afirmar que estamos ante un programa totalmente innovador, que o único que o liga coa Internet é o grafismo que amosan, xa que emula a páxinas web.
Polo demais, unha trapallada de programa que só servirá para quen desexe pasar o rato vendo a tele e que lle dea igual ter diante un documental que a Ana Rosa. Supoño que se o nivel físico dos concursantes é bo sempre haberá quen vexa o programa co volume da tele baixo, porque ¡calquera atende a un programa tan ridículo (aínda que parece que o seguiron 297.000 espectadores o que suporía un 4,4% dos share televisivo estatal)!
En fin, que para iso os de Cuatro podían estar quietiños, pero supoño que será un programa deses que non pasan do verán, ¿ou si?

Edilberto Alonso estrea canción no Día da Patria

Edilberto Alonso dedica unha canción á Terra Meiga
O Día da Patria de 2006 sorpréndenos cun novo tema de Edilberto Alonso dedicado á toda á xente da emigración que vive a morriña e, como non, a toda Galicia, á que da en chamar Terra Meiga:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Se ben, Galicia será nación estaba inspirada nunhas declaracións de Anxo Quintana na súa procura dun estatuto de nación para Galicia, nesta ocasión foi Emilio Pérez Touriño quen deu pé ó novo tema de Edilberto cando afirmou públicamente que quería unha Galicia de primeira e destacou que non quería facer un feo á Coroa, a Santiago ou a Galicia. Ou sexa, que deixa claro que non casa nin co BNG nin co PSdeG, senón con Galicia.

A letra da nova canción é a que segue:

Terra Meiga

Terra galega… é a terra miña
de corredoiras fondas… e arredores na cima
con pasadoiros pequenos… pra ir a ver á moza miña

Terra galega… é a terra miña
canto boto de menos… aquelas romarías… nas carballeiras
o son das gaitas baixando pola ría

Terra galega… terra de Rosalía

Terra galega… de Pondal e de Murguía
Terra galega… tamén a de Emilia ( Pardo Bazán )
de Isaac Díaz Pardo… intelectual e artista

Terra meiga… chea de ledicia

Terra meiga… é a miña Galicia

Co vento irán as miñas bágoas
por non voltar a ela
e sentireina á miña beira
anque morra lonxe dela

Terra galega… é a terra miña
de Emilio Pérez Touriño
por el ben defendida
Terra galega… por el ben presidida

e sentireina a miña beira
anque morra lonxe dela

Larala laralala…

© 2006 Edilberto Alonso

Se queredes descargar a canción, como é habitual, remítivos á web de XuveCurtis, que é a fonte oficial de información sobre o novo trobador galego favorito.
Eu pola miña banda coido que a canción é demasiado tristeira, e prefiro outras como Down The Saint James Way ou Maixkenunka, que son máis movidiñas, pero se lle toucou o turno á morriña é normal que a canción non teña ritmos tropicais (non coma fai o David Bustamante, que co seu Devuélveme la vida parece que está contento de cortar coa moza, e non como facía Antonio Orozco uns meses antes compartindo o título da canción).

Domingo, 23 de Xullo de 2006

San Roque 2006: verbena en estado puro

Dende os blogs de Riki e Ghai-teirada me entero de que xa se pechou o cartel oficial das festas do San Roque 2006 que outro ano máis está organizado polo Concello de Melide en vez de pola tradicional comisión de festas sectorial que tan boas festas ten montado no pasado.
Este ano a celebración resulta moi decepcionante, cun programa no que as orquestras son case o único salientable:

Cartel do San Roque 2006· Martes 15 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Froito Novo” de Melide.
14:00 Concerto e baile a cargo do citado grupo.
23:00 Na Praza do Convento, gran concerto a cargo da ORQUESTA SINFÓNICA DE MELIDE dirixida por Fernando V. Arias

·Mércores 16 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Axóuxere” de Melide.
11:30 Pasarrúas a cargo de: Banda de Unión Municipal de Merza
Banda de Música Municipal de O Rosal.
13:00 Misa solemne na Igrexa Parroquial, de seguido procesión e traslado de San Roque á Capela do Santo acompañado pola banda de música e o grupo de gaitas.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
20:30 Actuación na Igrexa Parroquial de:
Coral Polifónica de Melide.
23:00 Concerto na praza do convento a cargo de:
Banda de Unión Municipal de Merza
23:30 Verbena con:
Orquestra FANIA BLANCO SHOW
Orquestra SINTONIA DE VIGO

·Xoves 17 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Os Melidás”.
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda Unión Musical de Valladares.
13:00 Misa solemne na Capela de San Roque.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
23:00 Concerto na praza do convento a cargo de:
Banda Unión Musical de Valladares.
23:30 Verbena con:
Orquestra GRAN PARADA
Orquestra CHARLESTON BIG BAND

·Venres 18 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
GRUPO DE GAITAS O CASTELO
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda de Municipal de Melide.
Banda Isabel II de Touro.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
19:00 Certame de Bandas a cargo de:
Banda Municipal de Melide.
Banda Isabel II de Touro.
23:30 Verbena con:
Orquestra PHILADELPHIA
Orquestra JERUSALEN

·Sábado 19 AGOSTO 2006· Día do Neno
GRUPO FOLCLÓRICO A MARISTELA DE SOBRADO
BANDA MUNICIPAL DE SADA
BANDA MUNICIPAL DE AS PONTES
23:30 Verbena con:
Orquestra PARIS DE NOIA
Orquestra PANORAMA

·Domingo 20 AGOSTO 2006·
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
23:30 Verbena con:
ORQUESTA OLIMPUS
GRAN ACTUACIÓN DO GRUPO MUCHACHITO BOMBO INFIERNO

Temos así que Mundo Verbena non é só un programa da TVG, senón que será o auténtico ambiente que se vivirá no verán melidense, por sorte para os vellos que van a tódalas festas do lugar a botar un baile e para desgracia de toda a xente moza, que non terá outra opción mellor que ir ós viños e mailos pubs como calquera outra fin de semana.
A verdade é que para ver cómo son as verbenas preferiría limitarme ó sketch de La Hora Chanante:
Así, pois, eu pregunto, ¿qué foi dos tempos nos que viñan a Melide grupos como Os Resentidos cando estaban coa moda da Galicia Caníbal? ¿Incluso a presenza de Manolo Escobar, Juan Pardo, Azúcar Moreno e Pimpinela son unha opción mellor a non ter nada? ¿Cómo podería ir peor o asunto? Pois coido que o único que podería facer que o San Roque fose peor sería ¡que chovese!

Cando menos, o último día pechará as festas Muchachito Bombo Infierno, que estará en Vilagarcía, Ribeira e Viveiro antes de pasar por Melide, ou sexa, que están en plena xira galega (aínda que xa tocaron en todas partes) e a este ritmo vai estar mellor o Rock and Motos de Palas que o San Roque de Melide.
De tódolos xeitos, para os que non coñezan a Muchachito, aquí vai o seu magnífico videoclip de Será Mejor (toda unha homenaxe ós Terrance & Phillips de South Park):

A despedida de Zapping

O 30 de xuño Zapping despediuse dos seus seguidores cun directo emitido por CUAC FM dende a Fundación Luis Seoane. Nun principio difundiuse unha copia do programa con pouca calidade, e aquí está a versión boa:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Agora xa se pode ir decentemente este histórico programa no que Truxy e Antón despedíronse dos seus seguidores, cousa que non lles deixaron facer dende RadioVoz.
O ficheiro do programa poderase descargar en breve dende o podcast.

Venres, 21 de Xullo de 2006

A Furgalla dos Clicks

A canción La furgoneta del amor leva bastante tempo nas emisoras de radio españolas, pero ata hai un par de días non vira o vídeo musical de Guaraná, que está inspirado nos famosos Clicks de Famóbil e que me fixo moita ilusión:
¿Por qué será que os clicks inspiran tantas creatividades, anuncios, etc.?

Ah, e non é preciso que comente que os Clicks do vídeo serían de Playmóbil e non de Famóbil, ¿verdade? Ben lembro que os de Playmóbil eran os que tiñan mans xiratorias.
A quen lle dea morriña, que se pase pola páxina non oficial de Playmóbil.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios