A evolución do baile
Pasándome polo blog de Riki vin un vídeo que está a ser o éxito da semana, xa que amosa ó bailarín-humorista Judson Laipply facendo unha curiosa interpretación da evolución do baile nos últimos anos (e incluso pasa de bailar a Macarena, aínda que se atreve con El Baile de los Pajaritos). O clip dura 6 minutos e xa o viron 27.576.630 veces en YouTube, o que o converte no meirande éxito no servizo de hospedaxe de vídeos, xa que superou ó mitiquísimo tema de Pokémon.
O curioso vídeo xa é un dos meirandes éxitos da Internet, e xa falan do fenómeno en Chuza! e no blog da Apocalipse do porco, pero vendo o tremendo que é o vídeo xa me imaxino que nos vindeiros días aparecerá en todo canto blog coñezo, así coma nos programas de zapping da televisión e é que non é para menos. O Laipply sáese do mapa:






1 comentarios realizados
1. Marcus escrito o 4 de Xullo de 2006 ás 23:28
As cancións que interpreta son (por orde):
Hound Dog - Elvis Presley
The Twist - Chubby Checker
Stayin’ Alive - The Bee Gees
Y.M.C.A. - The Village People
Kung Fu Fighting - Carl Douglas
Keep On - The Brady Bunch
Greased Lightnin’ - John Travolta
You Shook Me All Night Long - AC/DC
Billie Jean - Michael Jackson
Thriller - Michael Jackson
Oompa Loompa - Willy Wonka and the Chocolate Factory (not the EOD version)
Mr. Roboto - Styx
Break Dance (Electric Boogie) - West Street Mob
Walk Like An Egyptian - The Bangles
The Chicken Dance - Bob Kames (flipade coa historia da canción na Wikipedia)
Mony Mony - Billy Idol
Ice Ice Baby - Vanilla Ice
U Can’t Touch This - MC Hammer
Love Shack - The B-52’s
Apache - The Sugarhill Gang
Jump Around - House of Pain
Baby Got Back - Sir Mix-A-Lot
Tubthumping - Chumbawamba
What Is Love - Haddaway
Cotton Eye Joe - Rednex
Macarena - Los Del Rio
Bye Bye Bye - N’Sync
Lose Yourself - Eminem
Hey Ya! - Outkast
Dirt Off Your Shoulder - Jay-Z
Ice Ice Baby - Vanilla Ice (”Yo, let’s get outta here. Word to your mother”)
Bye Bye Bye - N’Sync (”Bye, bye, bye”)