Xa pasou máis dun ano dende a primeira visita de Tu Night, e coido que desta volta retrataron mellor a vila. Cando menos puidemos ver máis locais e caras coñecidas. Como dirían Wayne e Garth: ¡Marcha, marcha!”.
Se non o vexo, non o creo. Despois de 20 edicións da Festa do Melindre, evento que parecía estar condenado a desaparecer, pois partía dun prantexamento moi limitado (o melindre é un produto que elaboran 4 establecementos locais, polo que a súa festa parecía limitarse a unha ringleira de casetas un domingo), pero que finalmente soubo reinventarse nunha entrega tan tardía.
Desta volta a Festa do Melindre tiña un programa de actos bastante completo, casetas con produtos tanto do contorno melidense como de fóra de Galicia (o que achegou moita vida ao evento) e incluso tivo bastante publicidade nos medios de comunicación, nos que se falou da festa durante varios días tanto a través de cuñas como con entrevistas. Dá a impresión de que se tomaron a organización da festa moi en serio, en boa medida para conseguir o recoñecemento de Festa Galega de Interese Turístico.
Non podemos esquecer que ao éxito da presente edición da Festa do Melindre tamén contribuíu de xeito decisivo o bo tempo, de xeito que tivemos unha afluencia de xente realmente impresionante.
O labor de conducir a cerimonia central da Festa do Melindre recaeu en Marta Landín, a quen tivemos lonxe da pequena pantalla galega durante anos, por desenvolver a súa profesión en Telemadrid, pero que continúa facéndoo igual de ben ao conectar co público da nosa terra. Incluso podedes comprobalo nalgunhas das gravacións que figuran en Ustream, plataforma que serviu para seguir o evento en directo a través da Internet.
E si, xuntouse moita… moita xente. Incluso era difícil moverse entre a multitude, o que curiosamente era algo do que estar contento, pois tras 2 décadas de decepcións a festa superou todas as expectativas, adoptando unha fórmula que agardemos que continúe a trunfar en vindeiras edicións.
Radio Galega
De 12:00 a 14:00 horas o programa Come e Fala da Radio Galega, presentado polo simpático e sempre amable Xosé Manuel García, foi narrando en directo a celebración na nosa vila, alternando discursos das autoridades con entrevistas, publicidade que agardo que beneficie enormemente á repostería, a hostelaría e o turismo na zona.
Televisión de Galicia
A radio non foi o único medio que se achegou á nosa celebración gastrónica, senón que o evento incluso serviu para abrir A Revista Fin de Semana da TVG:
Como ben puidéchedes ver, este ano tampouco faltou o noso benquerido Chicho no posto do Estilo.
Os de A Revista retomaron a festa melidense durante o programa dun xeito máis larpeiro:
E para rematar a cobertura televisiva, o Telexornal do mediodía tampouco faltou á Festa do Melindre:
Maruxas de nata
Tras dar un paseo polos stands, fixen unha pausa no de Marta Álvarez, a quen coñecín Granxa Maruxa son unha delicia. Nin que dicir que na miña casa as tomamos de sobremesa xunto cuns melindres.
Pero por se non coñecedes a historia de Marta, velaquí o seu maxistral relatorio no TEDxGalicia:
Coñecer a historia de superación de Marta Álvarez contribúe a ver dun xeito aínda mellor as súas galletas de nata, que levaron a ser rendible a súa explotación agraria, e a crear un produto recoñecible en toda Galicia. Esperemos que a repostaría melidense poida seguir eses pasos, e que a nosa comarca non sexa recoñecida só polo queixo.
Veño de botar unhas risas cun vídeo no que podemos ver como capturan ao Pokémon chamado Pikachu no mundo real, e incluso amosa os seus poderes:
Estamos ante un magnífico traballo do Rei do Final Cut, que incluso amosa como fixo esta excelente peza que está a ter unha grande resposta viral:
Demostran que con poucos recursos e moita imaxinación (e resistencia aos hostións) poden facerse grandes cousas. Só faltaría que convencesen a algún estudio cinematográfico para que fixesen unha película de Pokémon con actores reais
Aproveito para mandar unha aperta a toda a xente de Vivir Aquí, que son unha xente estupenda, comezando polo seu director Tino Santiago (a quen algúns lembrarán polo seu programa de 1997 A Chave) ata chegar a todas e cada unha das caras que saen na pequena pantalla. Espero que sigan co seu bo facer moitos anos.
A película de Los Vengadores está a arrasar nas taquillas de todo o mundo, con 200,3 millóns de dólares recadados na súa primeira fin de semana nos EE.UU. (superando os 169,2 millóns da derradeira de Harry Potter), elevando moito o listón para a nova de Batman que chegará no verán. Nun principio non tiña pensado falar dela neste espazo, pero ao final, despois de atopar un par de críticas nefastas non puiden evitalo.
E non, non me refiro ao punto de vista de Pedro Angosto Muñoz, que pese a ser polémico, non deixa de ter razón en moitos dos detalles que apunta, pois é de xustiza dicir que o filme baséase no Ultimates moito máis que en The Avengers. Dito doutro xeito: buscar fidelidade co cómic é ridículo. A película non adapta o cómic de Los Vengadores, senón que continúa as anteriores películas da Marvel. Nin máis nin menos. E para min é dabondo, pois estamos ante unha obra que entretén pese á súa duración (non entendo por qué a película dura máis de 2 horas, cando podía contarse toda a historia en 90 minutos sen omitir partes esenciais).
Logo, ¿que foi o que me molestou? Pois a achega que fixeron á película dende a Cadena SER, onde omiten todo rigor á hora de abordar a que podería ser a película máis taquilleira do ano.
Dá vergoña allea escoitar a candidade de pifias que soltan ao falar de Los Vengadores na SER: levan mal a conta do número de películas por personaxe (¿Iron Man 3?), din que o Joker era Heather Graham (¿non quererían dicir o actor Heath Ledger en vez da actriz de Austin Powers. La Espía que me Achuchó?), confunden a S.H.I.E.L.D. con The Shield, comentan que na nova de Batman sae Kaine (que é un personaxe de Spider-Man… na de Bats o que sae é Bane)… ¡Menos mal que ao programa convidaron a sabios do cómic!
Podedes escoitar o corte de La Ventana a continuación:
Cando menos acertaron ao apuntar que o parecido de Hulk co actor que o interpreta está moi logrado.
Se substitúes o título de Los Vengadores polo de calquera outra película terías unha crítica igualmente válida. Ata parece que Pumares non foi ver o filme, pero cando menos serve para botar unhas risas
Agradezo que falen de películas de superheroes nos medios, pero agradeceríase un pouco de respecto para os millóns de persoas que gozamos destes títulos. É como cando no xornal lemos como sinopse dunha película que é outra de Steven Seagal, Van Damme ou Jackie Chan, cando calquera deles ten filmes coidados e entretidos e auténticos putruños. Cando recorremos á crítica queremos información e non recheo.